Acta da Xunta de Goberno Local desvela que o Concello adxudica un contrato á empresa ‘Talleres La Campiña’ sen concurso público

A Xunta de Goberno Local é o órgano de dirección política ordinaria do Concello de Compostela e está dirixida polo alcalde Ángel Currás. As actas das súas reunións son publicadas no sitio web de Raxoi. Repasando a do dia 20 de setembro encontrámonos coa concesión dun contrato a unha empresa “a proposta do Concelleiro de Mobilidade”, Albino Vázquez Aldrey, da que non existe constancia da celebración dun concurso público.

A acta recolle no punto 106 que “a proposta do Concelleiro de Mobilidade aprobouse adxudicar á Empresa Talleres La Campiña, S.L. un contrato para o subministro de 3 autobuses para a flota de transporte urbano, financiados con Fondos comunitarios FEDER, por un importe de 600.000,00 €”. A pesar de que se financia con fondos que non son municipais, non deixa de chamar a atención o feito de que se designe a unha empresa para un determinado servizo “a proposta” dun concelleiro sen existir o preceptivo concurso público. Que se pensa en Raxoi desta maneira de actuar?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s