Candidatura do Povo participará na cea que se celebra no Pichel en solidariedade cos veciños presos

Mañán sexta-feira 5 de outubro, a xente da Candidatura do Povo asistiremos á ceia de solidariedade que Ceivar convoca periodicamente en solidariedade cos independentistas que están presos e dispersadas. A cita é ás 21:30 h. no Pichel e o prezo do prato –con posibilidade de menú vexetariano- é de 6 euros por persoa. O diñeiro recadado nesta cea servirá para facer frente aos gastos que para familiares e amig@s implica a prisión e dispersión de varios veciños que se encontran fora e lonxe do noso país.

Por parte da Candidatura do Povo animamos á veciñanza a achegarse a este acto solidario e reservar praza no correo ceivar@ceivar.org. Os nosos veciños Antom Santos, Eduardo Vigo, José Manuel Sanches e Sánti Vigo fixéronse acredores deste recoñecemento e apoio durante todo o tempo que estiveron entre nós e é por iso que reivindicamos xunto aos amigos, as familias e os distintos colectivos sociais e políticos solidarios a súa inmediata repatriación, a súa liberdade e o fin de todas as vulneracións de dereitos e tratos inhumanos de que son obxecto tanto eles como a súa contorna afectiva.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s