Concello de Compostela entrega máis de 300.000 euros das arcas municipais á Igrexa Católica

A filosofía da extrema dereita que goberna Compostela é transparente. Trátase de afogar  á sociedade para saldar a débeda dos bancos, xerando escenarios inaceptábeis de desemprego e miseria para logo redireccionar cara a Igrexa Católica a “xestión” dos efectos da crise. Hoxe mesmo, a concelleira de Benestar Social Paula Prado del Río, que é unha aznarista militante, asinaba co crego Daniel Cerqueiro convenios que permitirán que, en total, a organización relixiosa embolsarse grazas a Raxoi, e a través dos nosos impostos, a suculenta cantidade de máis de 300.000 euros.

Despois de o PP liberar á Igrexa Católica no Pleno Municipal da obriga xeral de pagar o Impuesto de Bienes Inmuebles, que suporía unha importante inxección de ingresos nas arcas locais, Raxoi asinaba esta mañá novos convenios con entidades “caritativas” dependentes da xerarquía católica. Así, por exemplo, Cáritas Diocesana recibirá grazas aos acordos 104.000 euros; o Centro Cultural Social Xoán XXIII, 40.000 euros; a Cociña Económica, 42.000 e unha cantidade similar para a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home entre outras.

É significativo como a extrema dereita utiliza a crise para potenciar a súa organización máis querida despois dos bancos: a Igrexa Católica. Ao mesmo tempo que degrada as condicións sociolaborais, privatiza e deteriora os servizos de Sanidade, Ensino, Protección Social, etc., os actuais gobernantes en Raxoi ofrecen toda clase de facilidades e apoios económicos a quen consideran debe aplicar políticas paliativas contra o desemprego e a xeneralización da miseria cando a porcentaxe de veciñ@s sen traballo chega ao 18.4%.

One thought on “Concello de Compostela entrega máis de 300.000 euros das arcas municipais á Igrexa Católica

  1. Cando pederom o concelho de compostela o psg e bng votaronlhe moitos deles a culpa a candidatura do povo e nom pensarom no mal que o levan facendo nestes ultimos anos, dempois das ultimas nas que perderom muitos mais votos,pediran desculpas a cidadania polo mal feito,e poranse as pilas ou seguiran a mirar fora o problema.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s