Concello impón a 32 mozos sancións por valor de 19.500 euros na noite do Samaín

As autoridades locais fixéronse sentir con contundencia nesta pasada noite de Samaín. Axentes da Policía Municipal ás ordes do concelleiro de Mobilidade e Seguranza Cidadá, Albino Vázquez Aldrey, identificaron 32 mozos e mozas ao longo da noite. Todos foron denunciadas por beberen alcol fora dos establecementos que pagan as taxas fiscais preceptivas. As multas son de 600 euros por cabeza no caso de menores de idade e de 750 nos de maiores de 18 anos. A recadación total da noite alcanzou os 19.500 euros.

As sancións impostas grazas á Policía Municipal supoñen unha importante extorsión económica para os mozos e mozas, aínda que, dada a gravísima situación do emprego xuvenil na nosa comarca, o probábel é que, ao final, sexan as familias quen arrosten cos custos das multas municipais no caso de non se conmutar estas por días de “traballo comunitario”. Trátase pois dun novo paso adiante na política moralizante que, a golpe de talonario, impón a concelleira aznarista de Benestar Social Paula Prado del Río para a mocidade de Compostela.

Por parte da Candidatura do Povo pouco podemos engadir á evidencia dos feitos: ao modo tipicamente reaccionario, Raxoi aborda a mocidade como un problema de orde pública, cando non o fai converténdoa en destinataria de políticas de entretemento que patrocina o pijo de Nuevas Generaciones e veciño de Arins Adrián Varela Sarandeses. En calquer caso, represión directa ou distracción, o Concello carece de políticas reais para a mocidade que aborden as cuestións e problemáticas nucleares desta faixa da idade da veciñanza.

092: vocación recadatoria

Mención a parte merece a actuación da Policía Municipal ás ordes do seu responsábel político directo. Aproveitar unha noite festiva en que as rúas do casco histórico e da Zona Nova están inzadas de xovens para aplicar a política do pau e facer diñeiro evidencia, cando menos, unha vocación recadatoria e punitiva miserábel e un rexime de prioridades que é, como mínimo, se debería cuestionar. Se, realmente, se pretenden mudar hábitos de tempo libre alienantes e/ou consumistas, concordaremos en que a persecución policial e a extorsión económica non configuran os métodos máis axeitados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s