Asociación de Veciños do Camiño Francés denuncia desperfectos nas casas provocados polas obras do Carrefour

A nómina de damnificad@s por Carrefour desde o mesmo inicio da súa construción é ampla. A Asociación de Veciños do Camiño Francés, na que se organiza a veciñanza do bairro das Cancelas, leva anos denunciando os desperfectos provocados nas súas vivendas pola utilización de barrenos de dinamita nas obras de construción da superficie comercial. Bautista Veiga Tato, presidente da asociación veciñal, expuxo na televisión autonómica a dimensión destas agresións.

Segundo Veiga Tato, os desperfectos provocados polas obras teñen un valor aproximado de 140.000 euros, mais Camiño Francés non solicita diñeiro, senón a urxente reparación dos danos xerados en baixos, tellados e garaxes, a construción dun paso de peons e a creación de novas prazas de estacionamento para a veciñanza, xa que as existentes foron absorvidas pola superficie comercial que ofrece máis de 2.200 prazas de balde.

Autismo municipal:
Currás faise o avión

Tanto Raxoi como o centro comercial e a promotora das obras non asumiron ata hoxe a responsabilidade pola situación denunciada, encontrándose a veciñanza das Cancelas nunha situación clara de indefensión visto o absoluto “colaboracionismo” do goberno municipal coa multinacional francesa. Veiga Tato denuncia no informativo de TVG a “substracción” polo Corpo de Bombeiros dunha faixa colocada pola veciñanza frente ao Carrefour onde denunciaban a situación irregular da que son vítimas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s