Candidatura do Povo concentrouse ás portas do Carrefour para chamar ao boicot da nova superficie comercial

Por volta de 20 persoas nos concentramos onte á tarde frente ao novo Carrefour das Cancelas para denunciar os dramáticos efectos que a superficie comercial francesa terá sobre o pequeno comercio, a produción local e o emprego, dando continuidade así ás protestas dos gadeiros que, pola mañá, denunciaran as políticas de prezos do leite que aplica Carrefour, así como da Mesa pola Normalización Lingüística, que criticou a supresión do Galego na política de comunicación da área comercial. A concentración serviu tamén para repartir 1.500 follas informativas convocando á veciñanza ao boicot.

Durante unha hora longa, as persoas concentradas berraron consignas como O Carrefour arruina Compostela!, Comercio galego, non ao Carrefour! ou O seu negocio, a nosa miseria! En referencia ao golpe letal que a aterraxe da superficie comercial vai supor para o pequeno comercio local e o emprego asociado a este sector, que camiña cara a imposición dun monopolio de feito en mans das grandes compañías.

Saboteada emisión de TVG

Ante un importante despregamento de axentes policiais e vixilantes privados contratados por Carrefour, as veciñas e veciños concentrados denunciamos tamén o papel da televisión autonómica no seguimento dos actos de apertura da nova superficie comercial, así como na ocultación dos seus aspectos máis críticábeis e das protestas. A presenza da Candidatura do Povo logrou que a emisión de VG prevista para esa hora non se pudese realizar con normalidade, visibilizando a existencia dunha contestación social.

Servilismo do Concello

Desde que hai 7 anos os franceses iniciaban os trámites e estudos de mercado para instalar un grande centro comercial nas Cancelas, a atitude das autoridades locais, tanto co bipartito como agora coa extrema dereita, alcanzou niveis inaceptábeis de servilismo á multinacional. Onte, na xornada de inauguración, as autoridades municipais participaban nos actos como se se tratase dun proxecto municipal e obviando que a función –cando menos teórica- da corporación non é fomentar o lucro privado mais defender o interés público.

Este servilismo exíbese hoxe de forma impúdica na páxina web do Concello de Compostela. Nela, o rexedor municipal Ángel Currás esquece por completo o seu rol de representante institucional e compórtase como se for un axente comercial da compañía francesa, expresando incluso en público o seu desexo de que os consumidores e consumidoras “se acheguen a este centro”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s