A Candidatura do Povo personouse no Arcebispado de Compostela para esixirlle o abono do IBI ao Concello

Candidatura IBI_Igreja 1.1.2012Esta mañá chuviosa, un reducido grupo de membros da Candidatura do Povo desprazámonos ata a sede do Arcebispado de Compostela para entregar a este o recibo da contribución que, por valor de 369.000 euros, aínda adebeda a xerarquía eclesiástica ás arcas municipais en 2012. O importe total adebedado é fruto do cálculo sobre o extenso parque inmobiliario (igrexas, escolas, garaxes, terras, locais de medios de comunicación, etc.) do que é propietaria a institución relixiosa.

Recordamos que o Impuesto de Bienes Inmuebles, coñecido impopularmente como a contribución, experimentou neste ano unha suba considerábel. De feito, en 2011, o Concello recadou de todas as compostelanas e compostelanos a cantidade de 22.7 millóns de euros (23% dos Orzamentos Municipais), encanto en 2012 esta cantidade pasou a ser de 25.75 millóns (27%). É significativo que, a pesar deste importante aumento da presión fiscal, Raxoi mantivese intacta a súa política de recortes nos servizos municipais ao servizo dos Bancos.

Neste contexto de incremento da extorsión tributaria sobre a veciñanza, o Partido Popular, máis fiel ás súas crenzas relixiosas e ideoloxía que aos intereses da maioría social de Compostela, rechazaba nun pleno municipal a posibilidade de que a Igrexa Católica abonase as taxas correspondentes ao seu amplo patrimonio inmobiliario local. Por súa parte, o PSOE, que durante o bipartito permitiu que a xerarquía relixiosa se mantivese eximida do IBI, abstíñase na votación. Así, 369.000 euros foron perdonados polo Concello á Igrexa.

One thought on “A Candidatura do Povo personouse no Arcebispado de Compostela para esixirlle o abono do IBI ao Concello

  1. Pingback: A Candidatura do Povo presentouse no Arcebispado de Compostela para esixirlle o abono do IBI ao Concello

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s