Polícias municipais fracturan os dedos a un xoven gaiteiro na Virxe da Cerca e preguntan “¿Y ahora que?”

Roi_agressom_10 Jan 2013O veciño de Compostela Roi V. foi agredido a pasada quinta-feira 10 de xaneiro por un axente aínda non identificado da Policía Municipal. O incidente produciuse na Virxe da Cerca, cando o noso veciño camiñaba canda outras persoas ás que a patrulla solicitou o billete de identidade. Como resultado da agresión, Roi V., que traballa profisionalmente como instrumentista, ten fracturadas catro falanxes da man dereita e escordaduras na man esquerda. Publicamos a continuación a crónica dos incidentes elaborada polo propio agredido para este portal.

“A pasada madrugado do mércores para o xoves [fala do día 9 para o 10]] íamos tres mozas e dous mozos camiñando pola rúa da Virxe da Cerca e á altura da Ensinanza. Unha patrulla da Policía Municipal, ao vernos, detuvo o carro e comezaron a pedir o billete de identidade a todos. Unha das rapazas fixo un comentario entre nós inofensivo “Sempre igual…” e o axente, ao escoitalo, respondeu cun empurrón á compañeira contra o veículo policial.

Eu, sendo consciente dos meus dereitos, fíxenlle unha pregunta ao axente: “Que nos vés, a agredir por camiñar pola rúa?”, ao que o axente todo espídico respondeu cun intento de inmobilizarme a man. Este, ao ver que non era capaz e que eu me estaba rindo dicíndolle “Que, vasme romper a man a min agora?” sinalando esta agresión agarrou os dedos dobrándomos ao contrario, fracturándome 3 falanxes nun dedo e unha no outro e, ao rompermos, dixo ¿Y ahora que? Cando os seus compañeiros miraron a miña man dixéronlle que me soltase e baixo ameazas coaccionáronos para que seguísemos o noso camiño se non queríamos sufrir máis consecuencias.

Acto seguido, sumouse ás dúas patrullas da Municipal un Nisan Almera Gris con dous policías do corpo de información da Policía Nacional, collendo a unha das compañeiras e levándoa a Rodrigo de Padrón [ubicación actual da comisaría]. Nós fomos ata unha esquina desta rúa para ver se a soltaban. Unha vez a deixaron a ela dentro, os dous secretas voltaron a saír en busca miña, ao que eu respondín poñendome diante do seu carro. O máis corpulento dos dous saíu do carro berrándome Usted se acaba de escapar corriendo, haciendo caso omiso a un agente de la autoridad, ao que eu respondin “Mire, eu acabo de vir aqui polo meu propio pé a denunciar unha agresión dun policía, este negoume o dereito a denunciar a un compañeiro seu e comezou a preguntarme ¿Te lo has pasado bien por la tarde? ¿Te acuerdas de mi de la Huelga General en el polígono? Preguntáronme de onde viña e xa o sabían eles, porque lle dixen que viña do Bartolo e díxome o lugar exacto de onde acababa de saír. Entón quixen levantarme da cadeira levando un golpe na cabeza, ao que eu reaccionei poñendo a man cos dedos partidos enriba da mesa e díxenlle que si me quería romper os dedos da outra man que comezase. Este veume a man e mandoume marchar negandome o dereito á denuncia.

Quero expresar a miña incapacidade de exercer o meu traballo, que como multiinstrumentista consiste no uso das miñas mans como medio de vida, xa non só a incapacidade para tocar a Gaita, a frauta traveseira, o saxo, etc., senón a incapacidade total para axudar a meu pai, coñecido luthier de prestixio, tanto no obradoiro como en traballar as miñas terras, nin tan sequer andar no tractor, dándome os médicos un prazo de 4 meses sen poder utilizar para nada a man dereita á espera do que me responda nas vindeiras semanas o cirurxián, e perdendo nun principio o 30% de mobilidade no mellor dos casos, sendo un impedimento para o resto da miña vida, posto que son frautista”.

O noso grupo municipal ofreceuse a Roi V. para facilitar todos os trámites legais e xudiciais necesarios que posibiliten a localización e identificación dos agresores e a fixación das consecuencias xudiciais que deriven do seu comportamento. É tempo xa de rematarmos entre todas as veciñas e veciños con estes periódicos casos de selvaxismo policial que se están a producir na nosa cidade.

13 thoughts on “Polícias municipais fracturan os dedos a un xoven gaiteiro na Virxe da Cerca e preguntan “¿Y ahora que?”

  1. Pingback: Un policía le rompe cuatro dedos a un gaiteiro durante una identificación y le impiden presentar denuncia

  2. Pingback: Un policía le rompe cuatro dedos a un gaiteiro durante una identificación y le impiden presentar denuncia | CRONICAS VERBENERAS

  3. Increible! Joder

    No se si es casualidad pero algún amigo mío y yo hemos sido también objeto de burla y violencia policial, no tan grave como ésta, pero igualmente inadmisible. Puede que no sea casualidad y que sea una práctica común en el ejercicio del estimulante dominio que les gusta ejecrcer a determinados miembros de la policía cuando se topan con gente jóven que presume orgullosamente de sus derechos.

    Todo mi apoyo!

  4. Encima una mierda de agente municipal, probablemente puesto ahí por enchufe. Espero que caiga sobre él todo el peso de la ley y que le hagan pagar caro su abuso de autoridad.

  5. Quinta feria….que idioma é ese?? “sempre igual”, si un comentario inofensivo….si é inofensivo, para que o di?? Algo mais diría, ou a algo respondía….. E os malotes falan castellano de casualidade?? Sen embargo os agredidos falan galego, outra casualidade?? Mira, parece un pouco rara esta historia, si é certo sintoo moito, en serio….pero para un mal pensado coma min parece publicidade política e ademáis da mala e que canta moito….presuntamente. E repito, si é certo sintoo moito.

    • pois o gaiteiro falaría galego… e os policias castelán… entendo que haxa partes da historia que che parezan raras, pero eso? xD

  6. Vergoña me da ,creo q coñezo a roi d cando vivin en arzua.isto require unha resposta clara e. contundente, pero canto mais desarrollo d avance sexa ingenio y estrategia mais estrondo montara,se facedes un acto d protest a no que todos los musicos q s quieran sumar ,toquen temas con relacion,e dean a coñecer. Ce rt a podredume no tratar os cidadans,salud recuperate e espero poder volver bailar o teu son,forza
    Fins brico gomez

  7. ¿Quién es este policía que me esta golpeando la cabeza?. VIDEO:www.youtube.com/user/numerodeplacaya

    Al Sr./Sra. Presidente/a y señores/as Diputados/as del Congreso:

    1. El “número de placa” permite el derecho de los ciudadanos a identificar a los agentes de forma individual y así poder denunciar comportamientos ilegales. La actual disposición del número de identificación en el uniforme favorece que los agentes se lo despeguen intencionadamente, actuación muy frecuente en situaciones propensas a cometer una infracción.
    2. No poder identificar a un agente, anula casi toda posibilidad de denuncia. Exigimos que el número de identificación no se pueda retirar del uniforme, ya que es una posibilidad absurda y sin sentido, además de su también inseparable y lógica incorporación al chaleco antidisturbios.
    3. Para garantizar que se cumpla esta ley, su incumplimiento debe recibir una sanción igual de severa como la que pudiera recibir el agente por cometer el más grave de las infracciones de su profesión. Igualmente cuando el agente no muestre su carné profesional a petición de un ciudadano. De esta manera se evita que a los agentes les merezca la pena ocultar su identidad.
    4. Abuso de autoridad, agresión verbal, golpes por encima de la cintura, golpes con las botas, casco.. Estas infracciones, aún considerándose como “graves” su sanción es insignificante, unos días de suspensión de empleo y sueldo. Deben sancionarse de forma más severa aumentando la cantidad de tiempo, multa o prisión, asemejándose al castigo que en la misma situación recibiría como ciudadano.

    Exigimos que estos cambios se decidan por votación de los españoles.

  8. Creo que estades falando moi á lixeira algúns de vós, a forma chulesca na que o axente saíu do carro e tal coma a dos cans d presa en busca dunha presa..e o meu futuro non ten que depender do mal día que teña un axente desfasado.

  9. A demagoxia é deplorable, veña de quen veña.
    Non se pide xustificar a actuación policial, se a relación de feitos é certa na súa extensión; pero se catro dedos da man da fotografía están rotos, entón os médicos mentíronme media ducia de veces.
    Non fai falla buscar titulares altisonantes para criticar unha actuación brutal dun policía.

  10. Axentes q sacan e apuntan a rapaces ca sua pipa “a lo pelicula americana ” (en cambados fai uns anos) Axentes q agreden sen mais por q consideran q son mais q a xente q non leva uniforme e placa , por non mencionar as armas de fago e as brancas ,xa q asi estan consideradas as tecnicas cas q eles actuan.O carallo q sempre q se denuncia os resultados sempre sonche os mesmos :polis safos e ti paja multas con magulladuras de regalo. Un saludo jaiteiro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s