Candidatura do Povo empraza a BNG e Anova de Compostela a se solidarizaren cos presos independentistas

PresosA próxima sexta-feira 25 a partir das 20:00 h. na praza de Galiza celebrase a concentración mensal que convoca o organismo Ceivar en solidariedade cos independentistas galegos presos e presas. Respecto de Instituciones Penitenciarias para os dereitos destes cidadáns galegos e galegas, repatriación, reagrupamento, recoñecemento da súa condición de prisioneiros políticos e mellora xeral das condicións de vida son algunhas das reivindicacións que activan a mobilización.

O grupo municipal independentista da Candidatura do Povo empraza á militancia do BNG e Anova en Compostela e a ambos grupos municipais a participaren nesta concentración mensal de solidariedade. Valoramos que esta solidariedade activa e pública cos represaliados e represaliadas políticas frente aos excesos e estratexias represivas do Estado é, e debe ser aínda máis no futuro, un mínimo común denominador entre as forzas soberanistas e independentistas galegas. A sexta-feira as demócratas e os demócratas temos unha cita contra a represión e en favor das liberdades democráticas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s