Novas imputacións por “prevaricación” e “acosa moral” salpican a máis membros do Concello

Ángel Currás____O alcalde Ángel Currás, o concelleiro de Seguranza Cidadá, que é máximo responsábel político da Policía Municipal, Albino Vázquez Aldrey; o ex alcalde imputado por fraude á Facenda Pública por valor de 291.000 euros, Gerardo Conde Roa e a teniente da Guardia Civil e actual Xefa de Seguranza municipal, Mar Hinojosa, aparecen agora salpicados e salpicada por unha nova imputación. Neste caso é por prevaricación e acosa moral na persoa do axente da Policía Municipal José Antonio Carril.

Os feitos remítennos a antes de maio de 2011, cando o nº 2 de Conde Roa na candidatura municipal, Ángel Espadas, era localizado por axentes da Policía Municipal alcolizado no seu carro nun lugar na periferia da cidade. O escándalo, agudizado polo feito de que Espadas desenvolvía en compañía de Paula Prado unha campaña contra o botellón, fora máximo, obrigando ao ex alcalde a dar de baixa da listaxe ao seu nº 2, tamén “compañeiro de festas” na noite compostelana, que rehabilitaría tempo despois co cargo de Xefe de Gabinete do Concello, cando Espadas aceptou a condena que se lle impuxo nun xuízo rápido.

Segundo as nosas informacións, o axente Carril negouse no seu día a destruir o atestado policial que puña en cuestión a responsabilidade de Ángel Espadas, recibindo importantes presións por parte de dirixentes do Partido Popular. A negativa do policía municipal a responder positivamente a estas presións supúxolle problemas de tipo profisional e unha “acosa moral”, que se prolongou na etapa de Conde Roa e logo continuaría con Ángel Currás.

Hipocrisía de Ángel Currás

En declaracións a distintos medios, o alcalde de Compostela asegurou non ter recibido nengunha documentación que acreditase a súa imputación. Respondendo a esta falsidade, o diario La Voz de Galicia, que leva semanas embarcado nunha campaña de acosa e derrubo de Currás, publicaba hoxe escaneada a citación xudicial. Cercado por varias imputacións da Fiscalía e sometido a un intenso conflito no seo do grupo municipal neofranquista, Ángel Currás fai xa declaracións sen credibilidade como a de que “me sinto apoiado por todos os concelleiros do PP”, cadno varios edis e edilas xa se posicionan por libre ante a evidencia de que o barco municipal fai augas por todas partes.

Apodrecemento municipal

O diario El País ofrece hoxe unha crónica dos feitos que evidencia a catadura moral dos tres imputados e a imputada neste caso e, por se fixer falta, delata como autoridades que se din “democráticas” e “respectuosas da lei” non dubidan en tratar de forzala por todos os medios cando iso se pode facer no interés dos seus grupos de afinidade. A nova imputación eleva xa a sete os responsábeis municipais que están imputados por participaren en tramas ou práticas delitivas. A lexitimidade do goberno municipal neofranquista é completamente inexistente desde calquer punto de vista.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s