Clubes compostelanos “plántanse” ante as promesas incumpridas de Adrián Varela

Adriám_VarelaAdrián Varela Sarandeses, veciño de Arins, concelleiro de Deportes e posicionado co sector pradista do grupo municipal maioritario, é home que gosta de proxectarse mediaticamente e facer de cada decisión do seu departamento motivo de fotos e titulares. No entanto, debe ser esta pulsión mediática a que provoca que Varela sempre priorice o aparente e fugaz sobre as políticas que, en realidade, poden axudar positivamente ao deporte local de base. Iso, sumado á confluencia cos eventos deportivos que promove con intereses empresariais.

Como mostra, tres botóns: a tentativa feita en 2011 xunto ao seu xefe Conde Roa para traer nada menos que a Copa Davis a Compostela, dentro dunha concepción que sitúa os eventos desportivos ao servizo da promoción turística, ou a recente proba de BMX na Zona Velha, onde varias empresas aproveitaron o evento para a súa propia promoción e, por último, a pista de xelo instalada da empresa Invernalia, que está instalada na Alameda depois de inaugurala a equipa de goberno como se se tratase dunha instalación municipal.

Compromiso nulo
co deporte de base

Mais a Varela médranlle os ananos e as protestas. Nesta semana o concelleiro gañouse o plante indefinido de varios clubes locais despois de o Concello denegar a estes un subsidio prometido con anterioridade. Trátase de O Xa Chegou, A Gracia, Estrella Vermella, San Pedro, Urban, Noitebra, Velacruz, Campo da Angustia e Lavacolla, que pertencen grupo 10 de Terceira Regional. O deporte local de base acusa a Varela de incumprir a promesa de entregarlles 10.800 euros tras excluilos dos subsidios do Concello, colocándoos nunha difícil situación financeira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s