Denuncian ao xuíz Vázquez-Taín por “revelación de dados” nos medios sobre o ‘Caso Códice’

José Antonio Vázquez-TaínOnte, por volta das 17:00 h., saia en liberdade provisoria do cárcere de Teixeiro, despois de seis meses preso, o ex operario da Catedral de Compostela e presunto autor do roubo ou desaparición do Códice Calixtino, Manuel F. C. A excarceración veu acompañada dunha unánime campaña de criminalización e xuízo mediático, chegando distintos medios como a TVG ou Compostela en la Onda, do grupo Onda Cero, que habitualmente falan de presunción de inocencia no caso de cargos políticos corruptos, a publicaren o enderezo particular do ancián imputado.

Este deberá personarse semanalmente no xulgado nº 2 de Compostela, segundo ordena a Audiencia Provincial, que é tamén quen ditamina a súa excarceración, á vez que se lle retira o pasaporte, con proibición expresa de abandonar o Estado. Valora agora o organismo xudicial que a permanencia en prisión de Manuel F. C. xa non pode xustificarse en base á preservación de probas do caso, porque esta “xa non pode contemplarse como razón xustificadora”.

Brutal presión mediática e
irregularidades no proceso

A noticia foi a excarceración, mais o cúmulo de irregularidades procedimentais do polémico caso que hoxe denuncia Carmen Ventoso, avogada de Manuel F. C., en El Correo Gallego, tamén merecerían o seu destaque nun panorama informativo menos dado ao sensacionalismo fácil e á marcial unanimidade mediática na construción do relato fácil sobre a desaparición do Códice Calixtino, que exculpa de responsabilidades ás autoridades eclesiásticas, autonómicas, estatais e municipais.

Así, Ventoso critica, por exemplo, que os escritos que presenta “non chegan á Audiencia Provincial” e denuncia que nengunha das duas queixas contra o xuíz instrutor José Antonio Vázquez-Taín, con máis de 500 documentos presentados para demostrar que retrasou resolucións e paralisou apelacións dentro do proceso, chegou aínda á Audiencia Provincial a pesar de teren sido enviadas o día 28.

Graves acusacións
contra Vázquez-Taín

O xuíz instrutor do caso é unha personaxe mediática ligada no seu día á “loita contra a droga” e coñecida cos desmedidos apelativos de El Garzón Gallego ou El Robin Hood de Vila Garcia. Segundo Ventoso, Vázquez-Taín, que aumentou considerabelmente a súa fama con este caso grazas á proxección mediática que lle supuxo e á publicación dunha novela relacionada, tería cometido “un delito de revelación de dados” xa que o xuíz estivo a facer unha tour de declaracións en distintos medios e cadeas de TV, cando o proceso aínda estaba a sometido a secreto sumarial.

Como se pode comprobar, as irregularidades continúan nun clima de unánime cumplicidade mediática, ocultación dos aspectos máis polémicos do proceso e construción dun relato sobre os acontecementos que apenas precisa un chivo expiatoria, o ancián Manuel F. C., mentres os verdadeiros responsábeis polo abandono institucionalizado do noso patrimonio son liberados de calquera responsabilidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s