Candidatura do Povo procurará unha rolda de recoñecemento para identificar ao policía local que destrozou a man a Roi Vázquez

Roi_agressom_10 Jan 2013A Candidatura do Povo por boca do noso coordenador Ricardo Picáns ofreceu onte, xunto a Roi Vázquez, veciño agredido por policías municipais, e Paulo Martearena Nahuel, do organismo antirrepresivo Ceivar, que facilitou a defensa letrada, unha conferencia de prensa para explicar a brutal agresión da que foi obxecto Vázquez a mans de policías municipais e anunciar as medidas que tomará o grupo municipal independentista para identificar, e procesar xudicialmente, aos agresores.

Roi Vázquez, músico de profisión ao que os médicos anuncian unha perda de mobilidade do 30% en varios dedos como produto da agresión policial, explicou os sucesos ocorridos na noite do 10 de xaneiro. Pola súa parte, Paulo Martearena informou da relativa periodicidade con que se producen este tipo de sucesos na nosa cidade e, por último, Ricardo Picáns esixiu explicacións ao concelleiro de Seguranza Cidadá Albino Vázquez e anunciou que a Candidatura procurará que se celebre unha rolda de recoñecemento.

Identificación e xulgamento

A Candidatura do Povo tratará a través do noso avogado a celebración dunha rolda de recoñecemento que permita identificar, e procesar xudicialmente, ao axente municipal que rompeu varios dedos ao noso veciño Roi Vázquez. Animamos a outras persoas que, antes ou no futuro, pudesen ser obxecto de agresións policiais a contactaren con este grupo municipal para tomar as iniciativas necesarias para rematar coa impunidade destas práticas selvaxes.

Agradecer, por último, ao organismo Ceivar a disponibilidade demostrada para posibilitar que Roi Vázquez contase cunha defensa letrada para o proceso xudicial que queremos abrir.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s