Benvida á Terra, Maria!

Maria OssórioInfórmannos esta mañán que a que foi veciña do bairro de San Pedro e militante independentista, a xoven Maria Ossório, saiu hoxe en liberdade con cargos desde a prisión española de Villabona (Asturies) na que se encontraba deportada. Rematan así 14 meses en que Ossório estivo presa sen xuízo, dispersada ilegalmente e sometida ás vexacións cotiás que caracterizan o sistema penitenciario español.

Moi coñecida e aprezada nesta cidade polo seu compromiso diario e incansábel no movemento xuvenil e asociativo e pola sua calidade humana, Maria Ossório regresa coa súa familia de volta para a casa encanto permanecen en prisión outros veciños como Carlos Calvo, Eduardo Vigo ou Antom Santos que desexamos ter con nós canto antes.

Neste momento de felicidade, non podemos obviar nen deixar de denunciar o desigual tratamento xudicial e penal que recibe unha persoa honorábel como a nosa veciña en comparación co que se reserva para os cargos municipais imputados na ‘Operación Pokémon’, todos en liberdade, sen aplicación de nengún tipo de medidas cautelares e para os que os medios defenden a “presunción de inocencia” da que Maria foi desposuida desde o mesmo día da súa detención. Con todo, Maria…

Benvida á Terra!
A loita continúa!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s