As obras da rúa de San Pedro anunciadas para xaneiro aínda non están adxudicadas

Sam PedroAntes das festas de nadal, o concelleiro de Obras Juan de la Fuente anunciara que, unha vez pasadas as festas, a primeiros de xaneiro, iniciaríanse as obras de restablecemento do firme da rúa de San Pedro. Un mes despois das datas anunciadas, descubrimos, por boca da mesma personaxe, que “as obras están pendentes de contratación e tardarán quince días” co cal, en principio, retrásanse ata marzo. A data anunciada en decembro non tiña fundamento nengún.

Juan de la FuenteSerá esta a terceira vez que o Concello poña a rúa da cabeza para os pés, levantando o firme, dificultando a mobilidade para muitos veciños e veciñas de idades avanzadas que viven no bairro, trastornando a circulación e todo pola incompetencia que, antes co bipartito e hoxe coa extrema dereita, se evidenciou neste caso. De la Fuente anuncia agora na emisora afin Onda Cero, despois do renuncio en que incorreu en decembro, que as obras estarán adxudicadas en marzo e asegurou que “vamos facelo con cautela e con prudencia”. A ver. Ten pouco crédito.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s