Financiamento de clubes deportivos de base polo ‘restaurante Barrigola’: mecenato altruista ou troco de “favores”

Adrián Varela Sarandeses, edil de DesportosO pasado día 30 de xaneiro oito clubes de base de Compostela, que se puxeran en folga para denunciar a funesta política municipal de subsidios ao deporte de base de Adrián Varela, cobraban cada un 675 euros dos 1.200 que “prometera” o concelleiro de Deportes. O diñeiro púñao o Restaurante Barrigola. O montante pendente para chegar á cifra consignada inicialmente estaría a expensas da organización dun xogo en Semana Santa, evidenciándose, de novo, a precariedade coa que deben traballar os clubes.

A inxección económica do Barrigola afrouxaba, cando menos, temporalmente, o afogo económico derivado do desleixo do Concello nesta materia. No entanto, houbo un dado que chamou poderosamente a nosa atención: o empresario do Barrigola, que entrega diñeiro, aparentemente, a fondo perdido, desde o seu establecemento na avenida de Ferrol e  Conxo, leva o catering das comidas do CEIP Cardeal Quiroga Palacios e do CEIP Os Tilos, servizo que gañou a través da empresa Galicia Vella de Inversiones y Logística.

Preguntas que nos facemos

O citado empresario tamén organizou como patrocinador dun torneo de squash cando o concelleiro Varela era un forofo deste deporte. À vista dos dados, e vistos os tempos que corren, as preguntas surxen espontaneamente, á vez que peden respostas: merece algún crédito a idea de que, nun contexto de grave crise para a hostalaría local, haxa un pequeno establecemento que entregue 5.400 euros e cambio de nada, por puro altruismo?

Que relación existe entre esta aparente entrega de diñeiro a fondo perdido e os contratos nos colexios públicos municipais que obtén o restaurante Barrigola? Mecenato ou intercambio de “favores”? Pode clarificar as nosas dúbidas sobre estas cuestións Adrián Varela? Hai alguén en Raxoi que conteste?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s