O Concello vai tapiar a dársena de Xoán XXIII para evitar que alí pernocte xente sen casa

dársena Joám XXIIIA crise capitalista pon á vista moitas contradicións antes invisíbeis para moitas e moitos. Recibimos de fonte fiábel a información de que Raxoi pretende tapiar parte da dársena de Xoán XXIII. O obxectivo da obra é impedir que decenas de persoas sen casa se refuxien ali cada noite, como acontece desde hai anos, para pernoctaren e resguardárense do frío. Ao tempo, chéganos a sospeitosa nova de que o Goberno español suspendeu as investigacións fiscais sobre as narcofortunas na comarca do Salnés.

O criterio para tapiar parte da dársena parece ser, unha vez máis, a opinión das autoridades locais sobre o que é a boa ou mala imaxe desta cidade. Nesta concepción, a permanencia en cargos públicos de persoas imputadas en delitos de tráfico de influencias, prevaricación, acosa moral, etc., como son os casos dos edis Ángel Currás, Albino Vázquez ou Rebeca Domínguez, non dá mala imaxe, mais sí o fai o feito de que se faga visíbel a miseria que xera a crise en sectores cada día máis amplos da veciñanza.

De feito, segundo dados oficiais, o 23% dos 95.000 veciños e veciñas censados nesta cidade xa vive na pobreza e máis de 10.000 persoas encóntranse sen traballo, ao tempo que a lacra da emigración volve bater records na mocidade, con 2.600 xovens que emigraron nestes dous anos. Raxoi non ten solucións a esta problemática, nen vontade política para abordala. O partido dos sobre-colledores só se preocupa da imaxe aparente da cidade e a “paz social”, isto é, de que a veciñanza fique pasiva ante a agresividade do capital financeiro.

Recado para o Concello

Como temos coñecemento contrastado de que esta páxina se le nos despachos de Raxoi, aproveitamos para enviar aos membros da equipa de goberno a mensaxe de que estas políticas típicas da extrema dereita europea van encontrar resposta ampla na rúa: se non sodes capaces nen sequer de garantir o dereito a unha vivenda digna para todos os veciños e veciñas, evitade aplicar ás persoas empobrecidas pola crise as mesmas receitas que Mencer Dourado propón na Grecia para as persoas que fican sen casa. Ter unha vivenda digna é un dereito e vamos loitar por él.

One thought on “O Concello vai tapiar a dársena de Xoán XXIII para evitar que alí pernocte xente sen casa

  1. E suponse que españa, galiza e santiago estan ben dame noxo decirlle as miñas amizades extranxeiras que eu vivin en santiago. Un povo cidade ou o que quede daquela cidade tan fermosa onde eu me criei, ajora so quedan medicos que fan folgas dentro dos propios hopistais. Policias corruptos ou que che pejan unha paliza nunha manifestacion ou rexistran as tuas pertenzas sen dereito aljun e sen motivo aparente que precisan cartos. Un goberno que di que a sanidade de galiza e a mellor de españa. E eu prejuntome. Onde esta esa sanidade que cando vas a urxencias o noso lema dos pacientes que ali nos atopamos e “sabes cando entras pero non cando sales”. Un PAC no que cando consegues que che atendan despachante tan rapido que ti saes da mesma forma que entraches. As calles aljunhas dan noxo. Fochancas nas que se cae un rapas poderia chejar a china e ninjen o atoparia mais. Fixose o tunel do horreo porque supostamente quitaria trafico no centro ou na rotonda previa a da pontepedriña. E asi o fixo pero creou un efecto embudo na rocha e en conxo. E que falar de conxo. Iso xa non ten nome. Nenos pasando polas calles os trapicheros e os drogadictos facendo das suas diante das persoas e dos rapaces. Vivendas nas que se sufren malos tratos e o noso grandioso goberno non fai nada. Pa evitalo. Vivendas nas que conviven matrimonios con rapaces e teñen que ir buscar chatarra ou pedir polas casas para poder darlle aljo que comer aos cativos. Ou xa noutros casos nacen, conviven ca droja e vendo sair e entrar drogadictos na casa e vendo como papa peja a mama. E despois el veo como aljo bo e faino cos demais. O goberno que hai oxe falando ben claro e unha merda. So sw preocupa da boa imaxe e de darlle cartos e preferencias aos ricos. Eu xa fai un mes que marxei de santiajo a cidade aquela que cando eu tiña 10 anos me embelasaba, me apabullaba e me ipnotizaba de noite coas suas luces e os seus sons agora dame noxo que a xente saiba que eu fun de santiago. Dame noxo que a xente saiba onde me criei. Porque dame noxo pensar e ver aquela cidade tan maxestuosa e bela na que eu me criei, da que eu me enamorei; comberteuse de tal xeito naljo tan noxento e pouco agradabel a vista, converteuse naljo mais que pouca estetica e apariencia, ata os pobos pequenos que deberian ter menos cartos que as grandes cidades dan arranxado os seus desperfectos. E santiago que e unha cidade grande e con moitos recursos non?. E en vez de tapiar as zonas onde a xente menos favorecida vai durmir para poder resgardarse do frio e que non chova por eles. Facede un puñeteiro albergue onde poidan durmir e comer e cear aljo quente. Deixade de roubar e chupar os cartos da xente. E que vos teña que mandar este testamento unha rapaciña de 22 anos xa he bastante penoso. E pa que vexades o que pensamos a xuventude de oxe en dia que tanto iades axudar para fomentar o emprego. Merdas, palabras que se leva o vento. Tou viviendo nunha habitacion de escasos 3 m2 por 100€ ao mes e como grazas aos 90€ que me quedan pero cando isto se me acabe?! Que terei que ir pa calle coma os demais?. Papar frio. E morrer de fame. Pedir pir caridade unha limosniña e que a xente me mire con cara de noxo ou de pena. Por dios rogobos xa que supostamente leeredes isto. Fagades aljo dunha condenada vez. Isto non pide seguir asi. A xente, o povo, os pobres xa non aguantamos mais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s