Candidatura do Povo esixe a disolución inmediata da corporación municipal ante a última vaga de detencións e rexistos

Pokémon_Despois dos acontecementos ocorridos nesta mañán, coa detención por axentes do Servicio de Vigilancia Aduanera (SVA) do concelleiro de Mobilidade Albino Vázquez Aldrey, o ex Xefe do Gabinete Municipal Ángel Espadas, o xerente da empresa concesionaria do servizo municipal de augas Aquagest José Luís Míguez e o empresario e socio de Ángel Espadas en diversos negocios Jesús Fuentes, dentro dunha nova fase da Operación Pokémon, a Candidatura do Povo quer facer públicas as seguintes reivindicacións de urxencia:

1ª Esiximos a inmediata disolución do Concello de Compostela e anunciamos que, no caso de non se producir decisións neste sentido nun prazo breve, convocaremos á mobilización veciñal para adoptar medidas de presión que conduzan a ese obxectivo. É de todo punto de vista inaceptábel que individuos con varios procesos xudiciais abertos por delitos de tráfico de influencias con empresas privadas, prevaricación, acosa moral, etc. xestionen o diñeiro público de todas as compostelanas e compostelanos.

2º Reivindicamos a apertura dunha investigación a fondo, cunha fiscalización veciñal independente, que permita clarificar, e no seu caso sancionar, as relacións que nestes últimos 20 anos tivo o Concello de Compostela con distintas empresas privadas e que viñeron favorecidas pola crecente privatización do concello.

Políticos corruptos, empresarios voraces sen escrúpulos e, sobre todo, un marco legal que posibilita e facilita a depredación do erario público por ambos e a privatización progresiva das institucións municipais son os responsábeis últimos desta situación. A legalidade que hoxe permite que a contratación de servizos con empresas privadas non se teña que ater en moitos casos a concursos públicos e regrados é o burato negro aproveitado polos corruptos.

Reiteramos a nosa disposición a medidas de presión na rúa se, nas próximas horas, non se dan pasos concretos e efectivos na separación dos cargos municipais imputados das súas responsabilidades no Concello e na disolución deste, por carecer nestes momentos de calquer lexitimidade

Grupo Municipal independentista Candidatura do Povo, a 14 de febreiro de 2013

One thought on “Candidatura do Povo esixe a disolución inmediata da corporación municipal ante a última vaga de detencións e rexistos

  1. Pingback: o Noticioso » Blog Archive » Vandalismo contra a corrupción en Compostela

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s