Concello pretende cubrir cun manto de impunidade a agresión da Policía Municipal ao veciño Roi Vázquez

Resposta do Concelho pola agressom a Roi VázquezRaxoi respondeu da maneira prevista. Despois de que a Candidatura do Povo denunciase publicamente a agresión policial ao veciño Roi Vázquez, conseguindo unha importante repercusión mediática do caso, e o grupo municipal nacionalista presentase a través do edil Rubén Cela unha pregunta solicitando explicacións á Concellaría de Seguranza Cidadá, esta respondeu declarando que “non se ten previsto investigar a actuación da Policía Local por ningún motivo”.

O escrito-resposta, que asina o imputado por tráfico de influencias Albino Vázquez Aldrey, ata hai uns días concelleiro do departamento, nega a existencia da denuncia posta nos xulgados e conclue que “á vista das dilixencias, (…) non existe ningún tipo de irregularidade”. Desde Raxoi preténdese por tanto estender un manto de impunidade sobre a brutal actuación policial do 10 de xaneiro, cando Vázquez remataba con varios dedos rotos grazas á violencia policial.

Vía xudicial

A Candidatura do Povo seguirá na vía xudicial ata identificar, procesar e sancionar os axentes da Policía Municipal que, na noite do 10 de xaneiro de 2013, agrediron brutalmente ao veciño Roi Vázquez provocándolle a fractura de varios dedos. Non é de recibo que individuos inmersos en procesos xudiciais da gravidade do que afecta ao ex edil Albino Vázquez decidan sobre a “inocencia” ou “culpabilidade” dos axentes implicados nesta caso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s