Celebramos neste mes o 157º aniversario do Banquete de Conxo

PondalO pasado día 2 de marzo, de 1856, no daquela concello de Conxo, obreiros artesanos e estudantes celebraban un xantar de confraternidade organizado por Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre. O evento contou con comensais como Rodríguez Seoane, Camino, Manuel Murguía e Rosalía de Castro, todos mozos e mozas que facían parte do Liceo da Mocidade Compostelana.

Outras datas, como o levantamento de 1846, están ben presentes na memoria histórica nacionalista. A do Banquete de Conxo parece estar un tanto desvalorizada. Porén, o banquete celebrado na carballeira de Conxo aquel 2 de marzo de 1856 tivo unha enorme significación e transcendencia na historia de Compostela e de Galiza e como tal foi celebrado noutros momentos da nosa historia, por exemplo, no seu centenario.

O Banquete de Conxo relaciónase co levantamento de 1846 que remataba cos fusilamentos dos militares galegos en Carral. En efecto, despois da represión que seguiu á derrota de 1846, o Banquete supuña unha nova e desafiante posta en pé do sentimento liberal e democrático de Galiza, sempre ligado á reivindicación da súa identidade nacional. Foi organizado polos sectores máis avanzados do alumnado galego desta altura e consistiu nunha cea celebrada na hoxe case extinta carballeira.

Nela, confraternizaban estudantes e traballadores compostelanos da época, sendo os primeiros os encargados de serviren a cea. Na mesa alternaban estudantes e traballadores que, nun momento dado, se abrazaron e desfilaron xuntos. Hai que considerar, pois, como unha homenaxe do mundo da cultura ao mundo do traballo. O máis salientábel do acto foron os agasallos poéticos pronunciados no mesmo por Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre estudantes, respectivamente, de Medicina e Dereito.Reproducimos a continuación, o comezo e o final do brinde de Pondal:

Brindo por quien, señores, la Victoria,
muerto pero no vencido, dio al tirano;
O ilustre varón de alta memoria,
O soado Catón republicano:
y brindo por el pueblo soberano,
y á quien acate, libre como el viento,
el vuelo del humano pensamiento.

(…..)
Caiga, pues, esa turba de reptiles
que ostenta con orgullo sus blasones:
písalos todos cual gusanos viles:
queme el Fuego sus necias distinciones,
y habiten los cernícalos sutiles
la oscura Soledad de sus mansiones,
y arrebaten los roncos torbellinos
el montón de sus viejos pergaminos.

O brinde de Aguirre, aínda que impregnado dunha ideoloxía cristiá progresista -afirma nel que Xesús Cristo era fillo do povo, nascido dun honrado carpinteiro- non por iso era menos subversivo que o de Pondal:

(…)

Déspotas insensatos de la Tierra,
temed, temed el día tremebundo
en que berrando ¡Libertad y guerra!
se estremezcan los ámbitos do mundo.
Temed, temed; al pueblo no le aterra,
Cuando rompe sus frenos iracundo,
la necia pompa y esplendor del trono …
Todo lo vence al fulminar su encono.

(…..)

Represión do Banquete

O Exército español presentárase na carballeira e o mosteiro de Conxo para amedrentar @s concentrad@. A represión posterior caeu sobre Aguirre, cuxo agasallo fóra considerado “blasfemo” polo que foi convocado ao pazo arcebispal. As presións sobre él, utilizando o seu cristianismo, foron tan grandes que vinte días despois publicaba o poema A mis calumniadores. Para Aguirre tivo que resultar moi doroso o abandono público dos seus principios e non quixo que o seu agasallo fose publicado no nº 16 da revista La Oliva que, vinte días despois do Banquete de Conxo, publicaba Pondal. Neste número aparecía A mis calumniadores. Aurelio Aguirre aínda non cumprira os 23 anos cando isto ocorreu.

Mais o pior estaba por chegar: Pondal e Aguirre foron procesados pola Audiencia da Coruña. A oposición do fiscal de Compostela, que informou de que non vía motivos para tanto rigor e que se opuña a calquera medida de castigo, evitou que ambos os poetas fosen deportados ás illas Marianas, colonia española no Pacífico próxima ás Illas Filipinas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s