Por que temos que ir á manifestación deste sábado?

Presos independentistas_ - copiaEste sábado foi convocada en Compostela unha manifestación nacional que sairá da Alameda ás 19:00 h. percorrendo distintas rúas da Zona Velha. O seu motivo é o xuízo a celebrar os próximos días 24 e 25 na Audiencia Nacional en Madrid a catro independentistas. O tribunal español solicita 64 anos de cárcere para os tres procesados e a procesada. A dous, Eduardo Vigo e Roberto Fialhega, pédelles vinte por cabeza. A Maria Ossório e Antom Santos, doce a cada un.

Eduardo Vigo, Roberto Fialhega e Antom Santos levam 557 días encarcerados sen xuízo, deportados en prisións situadas a centos de quilómetros do país nunha vulneración sangrante da lexislación penitenciaria vixente e sometidos a todo tipo de abusos e violencias. Maria Ossório encóntrase en liberdade provisoria á espera do proceso. As familiares e a contorna social dos catro foi sometida neste tempo a unha extorsión económica derivada da necesidade de percorrer centos de quilómetros para visitar cada semana durante 45 min. os seus seres queridos.

Maria Ossório, Eduardo Vigo, Roberto Fialhega e Antom Santos son persoas coñecidas, aprezadas e queridas nos seus respectivos círculos sociais. Foron, nalguns casos, veciños nosos. Destacaron durante o tempo en que estiveron en liberdade, sobre todo, polo seu amor e compromiso con este país, a súa entrega xenerosa en todo tipo de iniciativas sociais, culturais e políticas soberanistas e unha honestidade contrastada que non encontramos, por exemplo, entre as personaxes do actual goberno municipal.

Temos que estar
alí todas e todos

A Candidatura do Povo considera que a veciñanza de Compostela se debe mobilizar este sábado en solidariedade cos represaliados e a represaliada porque, con independencia do que podan dicer personaxes tan sinistras e pouco confiábeis como o Delegado del Gobierno de España neste país, Samuel Juárez, ou a propia Audiencia Nacional, que é un tribunal sen garantías xurídicas denunciado a nível internacional por este motivo, sabemos da honestidade, a valía e o patriotismo dos procesados e a procesada.

O proceso dos días 24 e 25 é, aliás, o pistoletazo de saída para unha dinámica perversa e radicalmente antidemocrática que xa denunciou a defensa destas persoas e apunta á posíbel ilegalización de organizacións e asociacións ás que ese tribunal de excepción podería definir, nun futuro máis ou menos próximo, como partes dun “organigrama terrorista” (sic). A situación é grave e esixe a solidariedade de todos e todas para parar os pés a un aparato xudicial e político que fai a vista gorda con ladróns, corruptos, narcotraficantes e empresarios mais pretende encarcerar e desterrar as filhas e filhos da nosa Terra.

One thought on “Por que temos que ir á manifestación deste sábado?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s