Candidatura do Povo celebrará a III Cacharela do San Xoán xunto ao CGAC

Candidatura__CacharelaMáis un ano, como un pequeno contributo á recuperación das nosas festas tradicionais, a Candidatura do Povo celebrará o solsticio de verán na dársena e os xardíns de Lasalle, xunto ao CGAC. A festa comezará a partir das 20:00 h., cunha cacharela para que desfruten as máis pequenas e pequenos, foliada e festa rachada, prolongándose ata ben entrada a madrugada do día de San Xoán.

Nesta terceira edición da nosa cacharela, actuarán tamén os grupos Raw Magnetism, Horta de Grelos, Esmorga e Gendebeat. A Candidatura do Povo convida á veciñanza a participar activamente na festa para tirarnos de enriba o meigalho e a resignación que nos queren impor os corruptos de Raxoi -tanto na versión popular como na socialista-, tomar enerxías colectivas para os tempos que veñen e entrar con forza no verán.

Presenza dos veciños presos

Candidatura do Povo_Cacharela 2012Eduardo Vigo, da aldea de Angrois, e Adriám Mosqueira Senlheiro, de Quistiláns, non poderán estar por primeira vez nesta noite con nós. Ambos encóntranse presos sen xuízo e dispersados ilegalmente a centos de quilómetros de Compostela. A Candidatura do Povo reservará un momento da noite de San Xoán para recordar a estes dous independentistas bos e xenerosos e reivindicar a súa repatriación e liberdade. Que volten para a casa xa!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s