Persoas asistidas por Cáritas Diocesana na nosa comarca aumentan un 720% desde 2007

EsmolarConverter a dívida da Banca na dívida da sociedade, que debe saldala a través da redución de salarios, a precarización das condicións laborais, a laminación de dereitos gañados a pulso en décadas e a destrución de servizos públicos como sanidade, educación, transportes, vivenda, etc. foi catastrófica para Compostela. Segundo Cáritas Diocesana de Santiago, desde 2007 aumentaron un 720% as persoas que asiste esta ONG católica e un 156% as sen casa.

Estes dados desvelan que na nosa comarca 61.184 persoas foron atendidas por necesidades básicas, como pagar a vivenda, a comida ou os libros das fillas, o que supón un 720% máis que en 2007. Aliás, o número de sen teito que usaron os servizos da ONG foi de 5.226 persoas e creceu un 156% entre 2011 e 2012. As cifras achégaas o responsábel de comunicación da entidade Javier García Sánchez na presentación do informe anual da asociación.

Paralelamente, tamén se deu un crecemento importante no número de persoas sen casa que foron asistidas, que pasaron de 2.041 en 2011 a 5.226 en 2012, un 156% máis. De feito, desde a ONG católica alertan do aumento progresivo de persoas sen fogar, con patoloxías engadidas, nas rúas do noso pais.

Ideoloxía da maioría municipal
imposibilita solucións efectivas

A ideoloxía da maioría dos membros da corporación é o principal obstáculo para unha abordaxe resolutiva desta problemática: os ultraliberais achan que non corresponde aos poderes públicos combater a pauperización da veciñanza e desvían a responsabilidade para a Igrexa Católica, á que o Executivo español e municipal conceden vantaxosas medidas económicas e fiscais (subsidios, desgravacións, esencións do IBI, etc.).

As escasas actuacións de Raxoi nesta cuestion, impulsionadas antes por Paula Prado e agora por María Castelao, sitúanse no marco da beneficencia, deitando nas costas de outras veciñas e veciños (campaña de recollida de roupa de abrigo no inverno, campaña de recollida de cueiros, etc.) as responsabilidades municipais, baleirando o concello de funcións que sí pode xogar neste marco legal e converténdoo nun instrumento máis inútil aínda do que é.

Expulsar á extrema dereita
do noso concello en 2015

A Candidatura do Povo considera unha tarefa imprescindíbel despexar á extrema dereita do noso concello en 2015 e traballamos nesta dirección, xa non apenas por ser estruturalmente corrupta, española ou antidemocrática, mais para colocar os instrumentos institucionais existentes e as políticas orzamentares ao servizo dos sectores da veciñanza máis golpeados polo pagamento social da dívida da Banca.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s