Contra a entrega da cidade ás grandes compañias comerciais

O Concello de Compostela argalla modificacións do Plano Xeral da Zona Vella que permitirán que importantes empresas multinacionais, adquiran nela edificios inteiros para dedicalos á actividade comercial.a modificación do Plano de 1998- que anunciou a portavoz do goberno municipal María Pardo e nos custará á veciñanza 450.000 euros.

Raxoi presenta a iniciativa, que garante o desembarco ata hoxe imposíbel de grandes firmas, porque a actividade comercial só se podía facer nos baixos, como a solución para o declinio demográfico da Zona Velha que perde povoación ano tras ano e a restauración de edificios que hoxe non teñen uso.
Por outra banda trala chegada da compañía aérea Turkish Airlines a cal trae turismo Ruso e Nipon, a concelleira de turismo Reyes Leis afirmou que este turismo demanda «comercio, hoteis  e restaurantes de luxo, dos que a cidade é deficitaria»
A Candidatura do Povo considera que os argumentos son falsos, xeran máis problemas dos que resolven e, con seguranza, implicarán que a Cidade Vella aumente o número de turistas e compradores, máis non necesariamente de veciñas e veciños porque as causas da perda de habitantes non son a ausencia de Grandes firmas Comerciais, senón o prezo dos alugueres, a inexistencia de liñas municipais e autonómicas de financiamento a rehabilitación de casas, a permisividade municipal coa vivenda baleira ou o déficit estrutural de emprego que ten a nosa cidade.
As negociacións entre universidade e Concello para a recalifiacion do vello hospital de Galeras para uso residencial (hotel de luxo) e comercial(un novo centro comercial ) será una nova especulación urbanística, o igual que a praza de Abastos a cal a queren convertir nun espectáculo turístico. Máis hoteis para que, Compostela conta hoxe en día con 4 hoteis 5 estrelas dos cales o NH Obradoiro e o Hostal dos Reis Catolicos aplicaron sendos Eres afectando a 60 traballador@s, o Concello debería apostar polo aloxamento local o cal si revertería na cidade.

É inxustificábel pois afirmar, como fai o alcalde Currás, que o desembarco na Cidade de poderosos grupos comerciais provocará o aumento da povoación, posto que se fará un novo parque temático e a xente do aquí teremos que fuxir para poder vivir. Por outra parte, é evidente que na situación de debilidade en que se encontra o pequeño comercio nesta cidade, con centos de negocios que tiveron que botar a reixa e a hostalaría pensando en abandonar a Zona Vella polo alto prezo dos alugueres, se reforzará esta tendencia negativa, fazendo da Cidade Vella un parque de atracións ao servizo do visitante mais non dos veciños e veciñas. Currás e a súa corporación municipal minten á veciñanza para defender poderosos intereses económicos e comerciais.
Por último, a Candidatura do Povo considera escandaloso que as autoridades municipais asuman que a restauración e o cuidado do noso patrimonio e, en particular, dos edificios, só é posíbel se a súa propiedade se entrega a mans de poderosas firmas. A defensa do patrimonio dunha cidade como Compostela, que é Patrimonio da Humanidade, nom pode estar en mans de Multinacinais, Corruptos e delincuentes

NON Á MODIFICACIÓN DO PLANO ESPECIAL DA ZONA VELLA!,
NON Á ESPECULACION DE GALERAS!,
NON QUEREMOS VIVIR NUN PARQUE TEMÁTICO!,
FORA CORRUPTOS E DELICUENTES DA NOSA CIDADE!Tijolo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s