Gravacións desvelan que o edil Juan de la Fuente chantaxeaba o PP con deixalo en minoría se non permitía os seus chanchullos

Juan de la FuenteA filtración aos medios de difusión das conversas entre concelleiras e concelleiros de Compostela que gravou a Policía española no marco da Operación Pokémon está a por de manifesto o nivel de podredume do Concello. A última información filtrada é que o concelleiro de Vías e Obras, o boina Juan de la Fuente, chantaxeaba o PP de Compostela con deixalo en minoría na corporación se non toleraba os seus chanchullos e enchufismos.

Así, La Voz de Galicia anuncia hoxe que esta chantaxe De la Fuente aceptada por Ángel Currás e María Pardo, así como polo resto dos membros da Xunta de Goberno, “era un secreto a voces”. Así foi como, por exemplo, o veciño de Vidám impuxo o enchufe do xenro do chefe da Brigada de Vías e Obras, Juan J. Fernández Ferreiro en agosto de 2012. Pedro S. G., o xenro favorecido, supervisaba obras en bairros e parroquias cun salario de 2.765,61 euros mensais.

O 7 de agosto dese ano, Ángel Espadas, que abandonara o posto de asesor de Conde Roa a raiz de ser descuberto alcoolizado ao volante do seu carro, recibiu unha chamada que o alertaba do delito cometido por De la Fuente, segundo a conversa gravada polo Servicio de Vigilancia Aduanera. Espadas recoñece isto e afirma que “claro que es un delito, ¡si es su yerno!”, mais a contratación xa estaba asinada por Reyes Leis que neses días substituía a Currás na alcaldía.

Facer o que él manda            

A concelleira de Facenda Cecilia Sierra, que ten un negocio familiar de subministro de veículos para a Policía española, tamén era consciente da situación, a pesar de que participou da ocultación colectiva do caso. De feito, Sierra admite nunha das conversas gravadas que o contrato ao enchufado “quería hacerlo Juan de la Fuente y hay que hacer lo que él manda” (sic). Sen mais comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s