Escrachamos o alcalde no Multiusos de Sar

Escracho 1 março de 2014_2A Candidatura do Povo escrachou onte o rexedor municipal e multi-imputado Ángel Currás. Foi no estadio Multiusos de Sar nunha acción surpresa e minoritaria sen convocatoria pública. A presenza dun nutrido cordón de antidisturbios, policías municipais, axentes á paisana e membros de Protección Civil que controlaban o aceso ao centro desportivo contrastaba coa manifesta simpatía e cumplicidade que nos expresaron centenas de veciñas e veciños que acudían ao Multiusos. 

É o noso primeiro escracho exprimental. Fumos identificad@s e cercad@s como perigosos delincuentes, encanto os auténticos participaban con protección policial nun evento público no estadio. É o primeiro mais non será o último porque desde hoxe a Candidatura do Povo se reserva o dereito de aparecer onde e cando estimar oportuno a denunciar politicamente a situación insoportábel de corrupción e cleptomanía organizada que padece a veciñanza de Compostela.

Escrachos en bairros e parroquias

A Candidatura do Povo convida á veciñanza en xeral, en bairros e parroquias, a abandonar dunha vez posicións de laído e resignación para pasar á acción. Quen rouban ao povo non teñen nengunha lexitimidade. Quen, ainda por riba de empobrecernos para enriquecer a Banca, meten a man na caixa pública, tampouco teñen por que desfrutar da tranquilidade que a nós nos negan. Facemos extensivo este convite no que nos implicamos desde xa a BNG e Anova.

Podemos converter cada inauguración, cada visita institucional, cada entrega de premios, etc. nun momento incómodo para corruptos e ladróns con garavata. Pequenos grupos auto-organizados, aquí ou alá, que aparecen e desaparecen para levar o sentir do povo frente aos que meten a man na caixa. É posíbel. É necesario. #EscrachaImputados

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s