O Concello mantén nun estado de abandono total o lugar onde se celebrou o Banquete de Conxo en 1856

Conjo4Que as actuais autoridades locais non se identifican o máis mínimo co País que pisan é sabido por todas e todos. Abondan os exemplos, mais onte tivemos oportunidade de coñecer un máis: o estado calamitoso en que se encontra o Belvedere de Conxo, o lugar onde, nun domingo 2 de marzo de 1856, @s primeiros protonacionalistas galeg@s celebraron o que pasaría á historia como Banquete de Conxo. Obras, desmontes de terra, arquitectura popular destruida e un intenso cheiro a sumidoiro definen o estado dun lugar que nun país normalizado sería de protección especial.

A vella carballeira onde aquel@s protonacionalistas se reuniron, logo de as autoridades da época lles proibiren realizar unha manifestación en Compostela, sitúase xunto ao río Sar perto do actual Hospital Provincial. Ali brindaran pola “liberdade” e a “soberanía do povo” en claro desafío aos poderes políticos, económicos e eclesiásticos do momento e rodeados por militares españois que ocupaban Compostela e cercaban a carballeira. Anexamos un video e varias imaxes indicativas dun supremo desleixo institucional coa historia do país. Recuperala e dignificala segue a ser tarefa coletiva do noso povo.

Conjo2

Conjo3

Conjo5

Conjo1

Conjo6

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s