A Candidatura do Povo esixe a inmediata dimisión do ‘Delegado del Gobierno de España’ pola selvaxada policial

ImaxeA Candidatura do Povo esixe a dimisión inmediata de Samuel Juárez, Delegado del Gobierno de España no noso país, despois dos gravísimos feitos acontecidos onte nas rúas de Compostela con emprego masivo da violencia contra a povoación civíl por parte de policías españois uniformados. Demandamos tamén o procesamento de todos os axentes policiais que participaron nas agresións e podan ser identificados, así como a retirada das forzas de ocupación da nosa cidade.

A Candidatura do Povo considera que a brutalidade policial despregada onte contra centos de mariñeiros que reivindicaban o dereito a un posto de traballo na nosa Terra é unha mostra evidente de cales son os procedementos do fascista Samuel Juárez, denunciado hai meses porque, apesar de ostentar un cargo institucional, reivindica a desaparición das Comunidades Autónomas. Sabemos que a represión non cesará coa mudanza do Delegado espanhol e por isso esiximos tamén o julgamento penal dos axentes implicados e a retirada das forzas de ocupación españolas de Compostela.

Por último, parabenizamos a veciñanza de Compostela pola resposta exemplar dada onte, saíndo ás rúas para apoiar os mariñeiros galegos do cerco e as súas familias e permanecendo na Praza Vermella ata ben entrada a tarde, á espera de que fosen liberados os traballadores detidos pola mañá.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s