Candidatura do Povo escrachou os imputados Adrián Varela e María Pardo en Conxo

escracho Executando o compromiso de manter unha presión periódica sobre a equipa de goberno local, persoas da Candidatura do Povo concentrámonos hoxe no campo do Conxo para esixir a disolución do Concello e a demisión d@s concelleir@s imputad@s en procesos de corrupción. Adrián Varela Sarandeses, acusado polo Servicio de Vigilancia Aduanera de estar implicado na mafia Pokémon, e María Pardo Valdés, portavoz municipal e imputada por prevaricación, foron os alvos da intervención.

Varela e Pardo acudían ao campo de fútebol de Conxo para “visitalo” (sic), segundo se anunciaba na axenda municipal. A nosa presenza trouxo tamén a de 4 policías antidisturbios, dous axentes municipais e un numeroso grupo de xornalistas. Encanto Varela Sarandeses se ocultaba dos medios e da denuncia, María Pardo achegábase ás persoas concentradas para que salgais en la tele (sic), segundo afirmou sorrindo para as cámaras.

A intervención da Candidatura foi silenciada ou distorsionada hoxe pola maioría dos medios de comunicación. Horas despois, Varela Sarandeses admitía “actitudes reprochábeis” no seu comportamento, mais aferrábase ao posto unha vez que estas non terían “percorrido penal”. Europa Press descubría, ao tempo que reproducía estas declaracións, que o concelleiro riscaba as súas compañeiras do PP de “fríxidas” e “malfolladas” nas conversas telefónicas espiadas pola Guardia Civil no marco das investigacións.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s