Construción de novos parques infantís: despilfarro, irracionalidade e rutura do espazo público

1385471171mp1-1_O goberno municipal de Compostela vive unha crise tan profunda e irresolúbel como negada. Aínda que, ata o momento, a equipa popular mantivo a unidade de voto, é obvio que 10 de 13 concelleiros e concelleiras están imputadas por distintos feitos delitivos, que a súa lexitimidade democrática ante a veciñanza é nula e que, por último, a prioridade absoluta de alcalde e edis do PP e dalgúns do PSOE é, por riba da xestión diaria da cidade, salvar o pelexo na guerra de navallas desatada no Concello.

Neste contexto caótico, coa administración local envolvida na corrupción máis sangrante e a Xunta de Goberno tomando decisións incríbeis, como pagar o avogado a un edil, Adrián Varela Sarandeses, Pigholandia, que evidencia ser un corrupto nas gravacións da Operación Pokémon, é que surxe o proxecto dos novos parques infantis. Parques cuxa función é, principalmente, despistar a atención da veciñanza sobre estes acontecementos e simular, como repite Currás, que “no Concello estamos a traballar todos os días”.

Así é que Raxoi decidiu nas últimas semanas impulsar a construción de varios novos parques cun custo altísimo –o da praza de Galiza ronda os 150.000 euros– co obxectivo de evitar o debate da corrupción e transmitir á veciñanza que “estamos pondo en marcha múltiples proxectos”. Calquera cousa, con tal de evitar falar das diversas imputacións do alcalde e dos concelleiros e concelleiras, ou de gravacións que delatan que a casta instalada en Raxoi é corrupta e mafiosa.

Unha planificación irracional

O primeiro que chama a atención dos novos parques nas prazas de Galiza e de Vigo é estaren situados en áreas de máximo tráfico, fume e ruído. É curioso que, mentres se proibe a pais e nais fumaren nos parques para protexer a saúde de cativos e cativas, se opte por construilos en zonas de tráfico. A decisión é aínda máis surpresiva se temos en conta que, a escasos 200 metros de ambas prazas, camiñando tranquilamente, está a Alameda, zona excelente para o desfrute d@s nen@s que podería habilitarse cun custo ampliamente menor, os parques de Tras Parlamento, de Belvís ou o Campus.

Por outra parte, unha evidencia: engaiolar @s cativ@s en parques cercados por valados metálicos, alén de resultar un método pouco educativo, non resolve un problema maior, como é o perigo real de que calquera deles ou delas fuxa á carreira da atención das adultas no parque e saia para a estrada nunha zona de tanto tránsito. Finalmente, como xa é costume, o déficit democrático crónico da corporación: a veciñanza nen sequer foi consultada sobre as súas necesidades ao respecto e as alternativas existentes.

Suprimir os espazos de
encontro da comunidade

Alén dos citados, están o parque de San Roque, o parque xeriátrico planificado na praza 8 de Marzo, ou o conflitivo proxecto que María Pardo Valdés ten para o das Galeras, onde queren arrasar o espazo público en favor dun parking privado e contra a vontade da maioría da veciñanza, dentro dun proxecto máis amplo de conversión do bairro en Zona VIP. É evidente que, nos dous últimos casos, se suprimem do medio urbano puntos de encontro, socialización e manifestación popular (festas, concentracións, etc.) nunha tendencia característica deste goberno que podemos resumir como La calle es mía.

Novas posibilidades
mudando de políticas

A Candidatura do Povo entende que a construción de parques infantis, e de parques en xeral, debe obedecer a unha planificación realizada en contacto coa veciñanza e as súas necesidades. Non á urxencia compulsiva de inaugurar proxectos municipais para transmitir, como di o alcalde, que “no Concello estamos a traballar”, aínda que sexa a conta de facelo irracionalmente. Deste modo, o noso grupo municipal suxire, por unha parte, a posibilidade de reabrir como parque público o patio do vello colexio privado Peleteiro para desfrute da veciñanza do Ensanche, rematando co abandono actual.

Por outra, xa na Zona Velha, existe unha antiga e desobedecida reclamación veciñal sobre o xardín do Pazo de Amarante na Algália de Baixo, que está restrinxido ao uso social. O pazo alberga tres institucións da Xunta de Galiza e unha parte do xardín é exclusiva para altos cargos autonómicos e funcionari@s que entran por un portalón lateral da praza Salvador Parga. Semellante privilexio –estacionar de balde na Zona Vella-, alén de inaceptábel, podendo facelo en Lasalle ou na zona administrativa de San Caetano, impede o desfrute veciñal de parte do xardín e, de novo, privatiza o que debe ser de todos e todas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s