Currás debe respectar a liberdade de credos da veciñanza e suprimir a asistencia como alcalde aos actos relixiosos

scaleO carácter aconfesional do Estado no que estamos integrad@s, é dicir, a consideración de que nengunha crenza relixiosa ten carácter estatal ou oficial, é parte do ordenamento xurídico actual e supuxo un avance legal frente aos tempos en que o catolicismo era unha relixión obrigatoria. No entanto, esta aconfesionalidade incúmprese na maioría das ocasións.

Alcalde e concelleir@s de Compostela vulnérana, por exemplo, cada vez que participan como autoridades públicas que, na teoría, representana toda a veciñanza, en cerimonias da Igrexa Católica, á vez que destinan fondos a organizacións desta relixión, asisten a misas e procesións, etc., dando carácter municipal e institucional ás crenzas dunha parte dos membros da corporación. Como no franquismo.

Agora que se aproxima a Semana Santa, Currás, se cadra para despistarnos da corrupción e tráfico de influencias que afectan o grupo de goberno, presentou a programación de actos como se fose un lider relixioso e é probábel que o goberno local e os membros da corporación -María Pardo, Francisco Noya, Reyes Leis, Juan de la Fuente, Francisco Reyes, etc.- participen, representando ilexitimamente a corporación e a veciñanza, en misas e procesións. Antes co bipartito, agora co PP. Nisto tanto ten.

Este comportamento, sumado ao apoio municipal a organizacións fundamentalistas como Red Madre, que loitan contra o dereito das mulleres a decidiren sobre o seu corpo, ou o apoio da maioría da corporación ao anteproxecto de Lei do Aborto, confirman que Raxoi non respecta nen os dereitos das mulleres, nen a liberdade relixiosa da veciñanza, nen a aconfesionalidade da institución. A Candidatura do Povo esixe que remate esta vergoña e se produza a separación efectiva entre o poder municipal civil e o poder relixioso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s