Dereito dunha familia a viver na súa casa está no ar por culpa do ‘Banco Sabadell’

Despejo 10 abril 2014 4A voracidade bancaria volta dar poutadas nesta comarca e chama, de novo, ás portas dunha casa e, tamén, á resposta firme da veciñanza. José, Begoña e o seu fillo de 10 anos viven perto de Padrom. Como milleiros de familias galegas compraron vivenda cando os seus ingresos llo permitían, mais, posteriormente, José enfermou, o seu traballo na construción foise ao garete e a secuela da enfermidade adquirida supúxolle unha minusvalía do 75%.

Esta familia tiña unha hipoteca co Banco Gallego. Cando as cousas se comezaron torcer economicamente, o banco evitou informalos dos seus dereitos e da posibilidade de acollerse ao chamado Código de Boas Prácticas. Logo, tras algúns impagamentos, a entidade iniciou os trámites xudiciais para o despexo. Após contactaren con Stop Despexos, pédese ao Gallego que acolléndose á lei negocie unha moratoria coa familia porque cumpren os requisitos para estar en risco de exclusión social.

O banco, continuando co seu estilo require nova documentación durante máis de dous meses mais non oferta posibilidades reais de negociación aínda que a Lei 1/2013 recolle que conta cun mes para respostar por escrito ás familias. Trás diversas dilacións da sucursal bancaria, a sorpresa chega cando o Sabadell absorve o Gallego e este comunica á familia que “non se sabe” cal é o novo protocolo de actuación e é posíbel que teñan que reiniciar todo o proceso.

Éxito da presión veciñal

Onte, decenas de persoas concentráronse na sucursal do Banco Sabadell en Xeneral Pardinhas para denunciar a non-resposta á solicitude da familia. A posteriori, ocuparon a sucursal, esixindo unha reunión co seu director que acedeu ipso facto a celebrala apesar de que dera o silencio por resposta a esta petición desde outubro. Á tarde xa houbo negociación. O banco dixo que asinará o Código no próximo dia 23 co que o conflito entraría nunha vía de solución. Foi grazas e só grazas á presión social.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s