Empresa privada que xestiona o cobro das multas municipais impón sancións de 6.000 a varias terrazas

TerraçaA privatización dos servizos municipais, antes co bipartito, agora, coa extrema dereita católica, deixa ao seu paso un regueiro de damnificadas e damnificados. Os últimos, os hostaleiros de Compostela. Nestes días están a chegar sancións económicas que abalan entre os 6.000 e os 1.500 euros pola renovación das terrazas en aplicación da nova ordenanza local. As e os pequenos autónomos e empresarios anuncian que “non fumos informados de que estabamos fora da lei” (sic).

“Chegan, fan a foto á terraza, non informan se hai algo mal e directamente múltante”, aseguran. A xestión das multas é un servizo privatizado en mans da valenciana SCI, á espera de que se resolva o concurso que lla outorga a unha empresa ligada á Operación Pokémon. A portavoz municipal María Pardo, fervente valedora das privatizacións, alegou, con razón, que os cobros “dependen dunha empresa externa, co cal as multas cobraranse”. O rigor á hora de sancionar e a inflexibilidade á de cobrar agudízanse porque SCI embólsase case o 38% do diñeiro que cobra por multas.

A política de SCI pode facer con que pequenos negocios hostaleiros que subsisten na nosa cidade se vexan nunha difícil situación económica no caso de teren que abonar as multas á empresa valenciana. Pola súa parte, María Pardo, que evidencia en todos os seus comportamentos unha profunda ideoloxía ultraliberal, limitouse a aceptar a situación e anunciar que “yo entiendo que las multas fastidian mucho” (sic). A bola, sen nengún compromiso co problema por parte do Concello, está agora no tellado d@s autónom@s e @s pequenos empresári@s.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s