A Candidatura do Povo denuncia a supresión da administración de Xustiza na nosa cidade

JulgadosA Candidatura do Povo manifesta a súa radical oposición á liquidación do Partido Judicial de Compostela e a centralización na Coruña dos procesos xudiciais que hoxe realizamos na nosa cidade. A razón desta postura non é localista nen corporativa e responde a que o anteproxecto de Ley Orgánica del Poder Judicial de Alberto Ruíz Gallardón dificulta a vida á veciñanza ao forzar a continuas viaxes para resolver trámites legis -xuízos, herdanzas, notificacións, denuncias, etc.- que hoxe se executan en Compostela.

O anteproxecto do Ministro de Justicia pretende, ao calor do discurso ultraliberal da austeridade e o recorte do gasto público, eliminar as administracións de Xustiza en vilas e cidades do País e centralizar os trámites que resolvemos nelas en organismos provinciais. A medida, que se encadra no proceso xeral de centralización política e económica, liquidaría o Partido Judicial de Compostela como demarcación propia e forzaría a veciñanza a se deslocar para a Coruña cada vez que tiver que relizar un trámite.

Negativa a apoiar a declaración
institucional de PP, PSOE e BNG

A Candidatura do Povo non avalará, no entanto, a declaración institucional pactada hoxe entre PP, PSOE e BNG para defender a permanencia das xestións xudiciais nesta cidade por considerar que contribue á lavaxe de cara dun goberno municipal sen lexitimidade democrática, corroido pola corrupción e desexoso de liderar calquera dinámica positiva para velar a atención da veciñanza sobre esta realidade. A Candidatura do Povo non concederá á extrema dereita local balóns de osixenio que a tiren do seu estado agónico.

JustiçaAliás, queremos destacar um paradoxo: o partido de Currás e Pardo é quen distancia a administración xudicial da veciñanza coa imposición de taxas que, de feito, privatizaron esta e convertírona nun luxo para a maioría. Compartillar reivindicación cos responsábeis do que sucede carece de lóxica aínda que se envolva no manto falsificador da “responsabilidade institucional”. Entendemos que frente á irracionalidade intrínseca ao centralismo español son inúteis plantexamentos localistas de curtos vós e tintes electoralistas, cando o que que cumpre é unha contestación a Madrid de todas as vilas e cidades galegas afectadas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s