A Candidatura do Povo esixe ao Concello que acate a vontade maioritaria da veciñanza para a plena peonalización da rúa de San Pedro

Sam Pedro_Obras_Currás Cando está a piques de rematar a intervención urbanística do goberno municipal en San Pedro, e xa se anuncian inauguracións oficiais tras meses en obras que dificultaron seriamente a vida social e económica do bairro -en especial a das veciñas e veciños de maior idade-, a Candidatura do Povo reivindica a plena peonalización da rúa coa certeza de que esta sería absolutamente beneficiosa para a veciñanza e para o tecido económico popular que alberga o bairro.

Se algo evidenciou a suspensión da circulación na rúa de San Pedro nestes meses, para alén da crónica incompetencia municipal, é que a circulación rodada en Compostela é perfectamente sustentábel sen o concurso da rúa de San Pedro. As pantasmas do “colapso circulatorio” local aventadas nalgunha ocasión, á vista da prática, non deixaban de ser iso: pantasmas. Transportes públicos e privados e veciñanza en xeral adaptámonos sen grandes dificuldades á circulación por vías alternativas á tradicional.

Obedecer á maioría
é a obriga de Raxoi

Esta evidencia, o feito de que a maioría do bairro desexe a peonalización e a mellora cualitativa que suporía para a sociabilidade e a actividade en San Pedro do agredido pequeno comercio local, lévanos a esixir ao Concello que, por unha vez, escoite o que reclama a veciñanza e acate a opinión maioritaria das mulleres e os homes que viven no bairro. A iminente apertura da rúa ao público é unha oportunidade para obedecer á maioría social e, dalgún modo, se cadra, saldar parte da débeda que Raxoi ten coas persoas que habitan o bairro de San Pedro.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s