A Candidatura do Povo persónase como acusación popular no sumario da ‘Operación Pokémon’

Candidatura 3 Cando nos constituimos en 2011, fixemos á veciñanza duas promesas ás que, cremos nós, tratamos de render tributo e fidelidade todos estes anos. Unha foi que viñamos para ficar, a diferenza das opcións institucionalizadas, que fluen e refluen segundo os períodos eleitorais. A outra, que a nosa finalidade sería servir ao Povo. Nesta mañá, as mulleres e os homes da Candidatura anunciamos unha iniciativa que, máis unha vez, pivota sobre estas duas ideas que dan sentido ao grupo municipal independentista: o noso personamento como acusación popular no sumario da Operación Pokémon.

A incorporación da Candidatura do Povo ao proceso xudicial que investiga a trama mafiosa de empresas e profisionais da política que chuchan das institucións municipais galegas e, portanto, do traballo e os impostos de todas e todos nós,  suporá a curto prazo, por unha parte, acedermos ao amplísimo sumario e ás investigacións sobre a trama mafiosa e podermos servir, máis unha vez, como ferramenta para que o povo de Compostela coñeza realidades que a privatización da Xustiza converteu en inacesíbeis polos altos prezos dos trámites e o baixo poder adquisitivo da veciñanza.

Por outra, para alén de informar á veciñanza, a Candidatura do Povo levará a súa intervención ata o final, procurando que quen se beneficiaron e benefician con total impunidade de se empoleiraren na administración local sexan descubertos e descubertas e paguen penalmente polas súas responsabilidades. Sabido é que non confiamos na Xustiza española, mais vamos utilizar este instrumento para que a quen se rin de todos e todas nós, do povo, por unha vez lle fique o sorriso conxelado. Hoxe, teñen motivos para se preocuparen. Nós non estamos nen estaremos en compra-venda. Dicimos o que facemos e facemos o que dicimos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s