A Candidatura do Povo chama a veciñanza a escrachar as imputadas por prevaricación no xuízo do día 19

Sete imputadosFinalmente, irán a xuízo. As sete concelleiras e concelleiros imputados por prevaricación sentaranse na bancada dos acusados o 19 de maio para enfrentaren condenas de inhabilitación de 9 anos para o exercicio de emprego e cargo públicos. As edis procesadas son María Pardo, Luis Bello, Juan de la Fuente, Francisco Noya, María Castelao, Amelia González e Cecilia Sierra.

Curiosamente, Ángel Currás e a súa favorita, Reyes Leis, concelleira de Turismo, coñecida popularmente como Barbie Plenos, estaban ausentes da Xunta de Goberno daquel 30 de maio de 2013 en que os sete concelleiros decidían abonar, con cargo ao erario municipal, a factura do avogado que defendería o presunto concelleiro corrupto e imputado na mafia Pokémon, Adrián Varela Sarandeses, titular do departamento de Desportos.

Argumentación legal

A celebración do xuízo prodúcese logo que de que estas sete persoas tratasen de evitar a foto dun goberno municipal sentado no xulgado a través de varios recursos xudiciais. A Audiencia Provincial alega agora que decidiron pagar a defensa do edil imputado na Pokémon “de forma incondicionada, sen suxección ás esixencias que derivan da lei e a xurisprudencia, esixencias coñecidas polos concelleiros por constar expresamente no informe do que se lles deu conta inmediatamente antes da adopción do acordo”.

Aliás, o tribunal engade a súa sorpresa pola urxencia na adopción do acordo ou a “peculiaridade” de que conteña unha estimación do gasto ao asinar a tarefa a un avogado concreto. Por último, afirma que se incumpren “os requisitos fixados pola sentenza do Tribunal Supremo do 4 de febreiro do 2002”, que estima que para abonar a defensa debe estar arquivada a causa contra o político ou funcionaria imputada. Unha esixencia que non concorre neste caso.

Mobilización veciñal

Adrián VarelaA Candidatura do Povo chama a escrachar novamente os imputadas e imputadas no xuízo que se celebrará nas Fontinhas o próximo 19M. Facémolo porque consideramos imprescindíbel aumentar a presión social para que a casta corrupta que se empoleirou no Concello dimita e para que se disolva a corporación. É xa unha cuestión de dignidade colectiva que remate este circo municipal que é unha burla permanente para a maioría da veciñanza.

Para alén da presunción de ilegalidade da decisión da Xunta de Goberno, unha elemental ética que non fai parte da equipaxe do grupo de goberno desaconsellaba abonar, con cargo ao diñeiro público, os gastos de defensa do presunto corrupto Adrián Varela Sarandeses, Pigholandia, amigo persoal do ex nº 2 de Conde Roa ex preso Ángel Espadas e un dos contactos de Aquagest en Raxoi. A nosa presión continuará ata lograr a dimisión dos corruptos e a disolución do Concello.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s