REFLEXIÓNS PERANTE AS MUNICIPAIS 2015

5559256469_34176f106a

Debido á presenza da cita electoral constituímos un grupo de traballo que analizase e fixera unha proposta de cara á “nova realidade” que se puidera abrir nas eleccións municipais. A partir deste momento de reflexión extraemos as seguintes conclusións:

• Sabemos que o ámbito local é o espazo adecuado para estruturar unha nova
soberanía constituínte, mais pensamos que a institución actual do varón,
branco, heterosexual, capacitado, economicamente acomodado, estadista,
competitivo, serio, especializado, meritocrático e , en definitiva, promotor da
morte como razón de vida; non vai ser a institución que nos encamiñe cara a
vida sinxela que queremos vivir, a nuda vida da vida espida das distintas formas
de vida. Esta crítica non é tan só aplicable ao concello senón tamén as propias
organizacións das que participamos. Por suposto tamén a nosa candidatura.
• O capitalismo non ten reforma, e as súas crises non son froito da casualidade e
están resultando destrutivas para o sistema-Estado que “ampara” á maioría, nos
dereitos básicos para a subsistencia: Alimentación, vivenda, sanidade e
educación. É unha preocupación inter-xeracional a sostibilidade social e
ambiental nun sistema económico que ten como bases o consumismo, a
acumulación de capital en poucas mans e a explotación productivista dos
recursos e animais sexan estes humanos ou non.
• Os partidos políticos e @s polític@s son parte do problema e non a solución. As
máquinas electorais e @s polític@s profesionalizad@s son un obstáculo para
que nós podamos exercer a política dun xeito directo e sen mediación. Somos
seres políticos e a nosa vida está xestionada polos espellos cóncavos. Formas
aberrantes de nós mesm@s nos gobernan. Pouco a pouco morre o povo no
abandono da política como feito do cotiá.
• A distribución do poder e o liderado é unha busqueda que non debe dar a
preguizas políticas. Calquera concentración e excesiva delegación do poder
colectivo podería ser posta en cuestión nos futuros modelos de gobernanza.
• Creemos que institución da democracia representativa liberal non serve para a
creación dunha democracia participativa. Non permite cuestionar as relacións
de poder económico, político, social e cultural entre as persoas para avanzar
cara unha democracia radical, directa e horizontal.
• Non somos veciñ@s, nin cidad@ns, sentímonos aborixes, corpos colonizados
polas distintas maquinarias e ferramentas deseñadas para explotación entre
seres humáns. Vivimos unha vida que non é nosa, é unha violencia colonial que
nos mantén rotos e clasificados en tribos pois tal é designio do dedo colonial.
Tentando acadar o éxito dos xenuínos comprometémonos a diario cos valores
da opresión.
• Gustaríanos ser povo, ese cabo que a maquinaria deixa solto, ou que
directamente desbota no lixo e que pode quedar nas persoas como ocorrencias
imprevisíbeis, non sometidas a plan nin cálculo. Gustariamos ser povo razón e
sentir do disenso e a diversidade.
• Vivimos nun tempo acelerado, mas non tan só no ámbito político-institucional
senón tamén no ámbito produtivo e reprodutivo. Isto reforzado polo
individualismo e a competitividade está producir por un lado unha sociedade
insolidaria, consumista e de clase acomodada reticente aos cambios. E por
outro os produtos precarizados, empobrecidos, caidos na competición,
perdedores ou antagonistas do réxime que estamos na construción de
alternativas. O tempo acelerase e a vida perdese nas batallas do réxime que
administra a morte.
• É imposible practicar a confluencia. Cando menos a confluencia patolóxica das
tribos.É imposible mantendo un acordo convivencial que nos fai existir
atravesadas polo medo, as intrigas, o odio e a desconfianza. Esta confluencia é
o resultado de impoñerse pola razón do común ao resto da diversidade tribal
mediante o xogo das maiorías. O resultado coñécese antes de andar o camiño.
É un Nós anulador, mecánico , sen vida para soster a necesaria diversidade. É
a democracia como aparencia.
E DESPOIS DISTO QUE?. A CANDIDATURA DO POVO E AS ELECCIÓNS 2015
Despois disto, moitas preguntas novas e un montón de incertezas. Aceptamos
descoñecer os camiños como premisa para cambiar o actual status quo. Apostamos por
non facer o de sempre para non chegar aos mesmos lugares de sempre.
É por isto que decidimos non presentarnos a estas eleccións.

Non nos representamos a nós mesm@s nin representamos a ninguén, queremos
dar a coñecer que outros mundos están latexando ao noso carón e somos sensíbeis a
cada latexo do noso concello que fala de exclusión, colonización, intrigas, conspiracións e
despexos de todo tipo.
Imos a colaborar con outras tribos e aborixes no proxecto LIBREDOM http://
pt.slideshare.net/candidaturadopovo/candidatura-42532360 como expresión da vida que
nos gustaría compartir coas persoas que habitamos neste concello. Vencellar tribos desde
os afectos que nos aproximan para minimizar medos, odios, intrigas, conspiracións e as
desconfianzas e multiplicar as colisións entre propostas que xa están funcionando. En
definitiva, xerar unha nova convivencialidade entre os sexos, horizontal, autoxestionaria e
implicada coa independencia do noso país a través da diversidade de formas que se
organicen neste constituínte comunal e nunca finalmente constituído. Unha realidade e
múltiples ao tempo en movemento continúo e sen fin. Unha resposta comunitaria ás
preguntas do noso concello: Agricultura, alimentación, accesibilidade, saúde, educación e
un longo etc que agardamos camiñar xunt@s.

Continuaremos a traballar. D.M.Q.E

One thought on “REFLEXIÓNS PERANTE AS MUNICIPAIS 2015

  1. Pingback: [Compostela] A Candidatura do Povo decide non presentarse as eleccións municipais | abordaxe

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s