Currás debe respectar a liberdade de credos da veciñanza e suprimir a asistencia como alcalde aos actos relixiosos

scaleO carácter aconfesional do Estado no que estamos integrad@s, é dicir, a consideración de que nengunha crenza relixiosa ten carácter estatal ou oficial, é parte do ordenamento xurídico actual e supuxo un avance legal frente aos tempos en que o catolicismo era unha relixión obrigatoria. No entanto, esta aconfesionalidade incúmprese na maioría das ocasións.

Seguir lendo

Advertisements

Construción de novos parques infantís: despilfarro, irracionalidade e rutura do espazo público

1385471171mp1-1_O goberno municipal de Compostela vive unha crise tan profunda e irresolúbel como negada. Aínda que, ata o momento, a equipa popular mantivo a unidade de voto, é obvio que 10 de 13 concelleiros e concelleiras están imputadas por distintos feitos delitivos, que a súa lexitimidade democrática ante a veciñanza é nula e que, por último, a prioridade absoluta de alcalde e edis do PP e dalgúns do PSOE é, por riba da xestión diaria da cidade, salvar o pelexo na guerra de navallas desatada no Concello. Seguir lendo

Reivindicamos a expropiación da Catedral pola Xunta de Galiza antes da súa ruína total

Catedral_Obras_A Catedral de Compostela é unha peza esencial do patrimonio histórico-artístico nacional hoxe en mans exclusivas da Igrexa Católica, xestora e beneficiaria da basílica e da actividade económica millonaria que se xera nela. A deterioración observada por expert@s en arquitectura e restauración nas duas torres principais, a terraza da Escalinata, a parte inferior da fachada principal e o cimborrio abriu o debate da restauración, a procedencia dos fondos necesarios para acometela e, tamén, sobre a propriedade do templo. Seguir lendo

A Candidatura do Povo buzonea un dosier informativo sobre a especulación urbanística proxectada nas Galeras

Galeras_faixaA construción dun parking subterráneo no bairro das Galeras é a faísca que fixo saltar o protesto veciñal. O Concello préstase como alavanca para que o sector privado, destruindo un parque público, faga un lucrativo negocio. É un conflito onde o confrontamento entre as necesidades da maioría da veciñanza e o beneficio privado, que conta con apoio municipal, con María Pardo Valdés como principal promotora do proxecto, resulta evidente. Seguir lendo

Candidatura do Povo escrachou os imputados Adrián Varela e María Pardo en Conxo

escracho Executando o compromiso de manter unha presión periódica sobre a equipa de goberno local, persoas da Candidatura do Povo concentrámonos hoxe no campo do Conxo para esixir a disolución do Concello e a demisión d@s concelleir@s imputad@s en procesos de corrupción. Adrián Varela Sarandeses, acusado polo Servicio de Vigilancia Aduanera de estar implicado na mafia Pokémon, e María Pardo Valdés, portavoz municipal e imputada por prevaricación, foron os alvos da intervención. Seguir lendo

A Candidatura do Povo esixe a inmediata dimisión do ‘Delegado del Gobierno de España’ pola selvaxada policial

ImaxeA Candidatura do Povo esixe a dimisión inmediata de Samuel Juárez, Delegado del Gobierno de España no noso país, despois dos gravísimos feitos acontecidos onte nas rúas de Compostela con emprego masivo da violencia contra a povoación civíl por parte de policías españois uniformados. Demandamos tamén o procesamento de todos os axentes policiais que participaron nas agresións e podan ser identificados, así como a retirada das forzas de ocupación da nosa cidade. Seguir lendo

O Concello mantén nun estado de abandono total o lugar onde se celebrou o Banquete de Conxo en 1856

Conjo4Que as actuais autoridades locais non se identifican o máis mínimo co País que pisan é sabido por todas e todos. Abondan os exemplos, mais onte tivemos oportunidade de coñecer un máis: o estado calamitoso en que se encontra o Belvedere de Conxo, o lugar onde, nun domingo 2 de marzo de 1856, @s primeiros protonacionalistas galeg@s celebraron o que pasaría á historia como Banquete de Conxo. Obras, desmontes de terra, arquitectura popular destruida e un intenso cheiro a sumidoiro definen o estado dun lugar que nun país normalizado sería de protección especial. Seguir lendo