REFLEXIÓNS PERANTE AS MUNICIPAIS 2015

5559256469_34176f106a

Debido á presenza da cita electoral constituímos un grupo de traballo que analizase e fixera unha proposta de cara á “nova realidade” que se puidera abrir nas eleccións municipais. A partir deste momento de reflexión extraemos as seguintes conclusións:

• Sabemos que o ámbito local é o espazo adecuado para estruturar unha nova
soberanía constituínte, mais pensamos que a institución actual do varón,
branco, heterosexual, capacitado, economicamente acomodado, estadista,
competitivo, serio, especializado, meritocrático e , en definitiva, promotor da
morte como razón de vida; non vai ser a institución que nos encamiñe cara a
vida sinxela que queremos vivir, a nuda vida da vida espida das distintas formas
de vida. Esta crítica non é tan só aplicable ao concello senón tamén as propias
organizacións das que participamos. Seguir lendo

A Candidatura do Povo chama a veciñanza a escrachar as imputadas por prevaricación no xuízo do día 19

Sete imputadosFinalmente, irán a xuízo. As sete concelleiras e concelleiros imputados por prevaricación sentaranse na bancada dos acusados o 19 de maio para enfrentaren condenas de inhabilitación de 9 anos para o exercicio de emprego e cargo públicos. As edis procesadas son María Pardo, Luis Bello, Juan de la Fuente, Francisco Noya, María Castelao, Amelia González e Cecilia Sierra. Seguir lendo

A Candidatura do Povo persónase como acusación popular no sumario da ‘Operación Pokémon’

Candidatura 3 Cando nos constituimos en 2011, fixemos á veciñanza duas promesas ás que, cremos nós, tratamos de render tributo e fidelidade todos estes anos. Unha foi que viñamos para ficar, a diferenza das opcións institucionalizadas, que fluen e refluen segundo os períodos eleitorais. A outra, que a nosa finalidade sería servir ao Povo. Nesta mañá, as mulleres e os homes da Candidatura anunciamos unha iniciativa que, máis unha vez, pivota sobre estas duas ideas que dan sentido ao grupo municipal independentista: o noso personamento como acusación popular no sumario da Operación Pokémon. Seguir lendo

A Candidatura do Povo esixe ao Concello que acate a vontade maioritaria da veciñanza para a plena peonalización da rúa de San Pedro

Sam Pedro_Obras_Currás Cando está a piques de rematar a intervención urbanística do goberno municipal en San Pedro, e xa se anuncian inauguracións oficiais tras meses en obras que dificultaron seriamente a vida social e económica do bairro -en especial a das veciñas e veciños de maior idade-, a Candidatura do Povo reivindica a plena peonalización da rúa coa certeza de que esta sería absolutamente beneficiosa para a veciñanza e para o tecido económico popular que alberga o bairro. Seguir lendo

A Candidatura do Povo denuncia a supresión da administración de Xustiza na nosa cidade

JulgadosA Candidatura do Povo manifesta a súa radical oposición á liquidación do Partido Judicial de Compostela e a centralización na Coruña dos procesos xudiciais que hoxe realizamos na nosa cidade. A razón desta postura non é localista nen corporativa e responde a que o anteproxecto de Ley Orgánica del Poder Judicial de Alberto Ruíz Gallardón dificulta a vida á veciñanza ao forzar a continuas viaxes para resolver trámites legis -xuízos, herdanzas, notificacións, denuncias, etc.- que hoxe se executan en Compostela. Seguir lendo

Empresa privada que xestiona o cobro das multas municipais impón sancións de 6.000 a varias terrazas

TerraçaA privatización dos servizos municipais, antes co bipartito, agora, coa extrema dereita católica, deixa ao seu paso un regueiro de damnificadas e damnificados. Os últimos, os hostaleiros de Compostela. Nestes días están a chegar sancións económicas que abalan entre os 6.000 e os 1.500 euros pola renovación das terrazas en aplicación da nova ordenanza local. As e os pequenos autónomos e empresarios anuncian que “non fumos informados de que estabamos fora da lei” (sic). Seguir lendo

Dereito dunha familia a viver na súa casa está no ar por culpa do ‘Banco Sabadell’

Despejo 10 abril 2014 4A voracidade bancaria volta dar poutadas nesta comarca e chama, de novo, ás portas dunha casa e, tamén, á resposta firme da veciñanza. José, Begoña e o seu fillo de 10 anos viven perto de Padrom. Como milleiros de familias galegas compraron vivenda cando os seus ingresos llo permitían, mais, posteriormente, José enfermou, o seu traballo na construción foise ao garete e a secuela da enfermidade adquirida supúxolle unha minusvalía do 75%. Seguir lendo

Currás debe respectar a liberdade de credos da veciñanza e suprimir a asistencia como alcalde aos actos relixiosos

scaleO carácter aconfesional do Estado no que estamos integrad@s, é dicir, a consideración de que nengunha crenza relixiosa ten carácter estatal ou oficial, é parte do ordenamento xurídico actual e supuxo un avance legal frente aos tempos en que o catolicismo era unha relixión obrigatoria. No entanto, esta aconfesionalidade incúmprese na maioría das ocasións.

Seguir lendo

Construción de novos parques infantís: despilfarro, irracionalidade e rutura do espazo público

1385471171mp1-1_O goberno municipal de Compostela vive unha crise tan profunda e irresolúbel como negada. Aínda que, ata o momento, a equipa popular mantivo a unidade de voto, é obvio que 10 de 13 concelleiros e concelleiras están imputadas por distintos feitos delitivos, que a súa lexitimidade democrática ante a veciñanza é nula e que, por último, a prioridade absoluta de alcalde e edis do PP e dalgúns do PSOE é, por riba da xestión diaria da cidade, salvar o pelexo na guerra de navallas desatada no Concello. Seguir lendo

Reivindicamos a expropiación da Catedral pola Xunta de Galiza antes da súa ruína total

Catedral_Obras_A Catedral de Compostela é unha peza esencial do patrimonio histórico-artístico nacional hoxe en mans exclusivas da Igrexa Católica, xestora e beneficiaria da basílica e da actividade económica millonaria que se xera nela. A deterioración observada por expert@s en arquitectura e restauración nas duas torres principais, a terraza da Escalinata, a parte inferior da fachada principal e o cimborrio abriu o debate da restauración, a procedencia dos fondos necesarios para acometela e, tamén, sobre a propriedade do templo. Seguir lendo